Leonardo Mármol Fernández, nado en Celanova e finado en Oviedo en xullo de 1886, foi funcionario de facenda e poeta galego.
Traxectoria page=11|miniatura|Dedicatoria de Curros a Leonardo. Emparentado cos Moreiras, unha das familias máis cultas da Celanova finisecular, Leonardo estudou as primeiras letras, canda Manuel Curros Enríquez, na escola primaria de Manuel Rebollo.
Curros dedicoulle o seu libro Paniagua y Compañía, Agencia de Sangre, publicado na Coruña en 1877Paniagua y Compañía, Agencia de Sangre na Biblioteca Digital Hispánica. e menciónao, cando Mármol xa finara, no Canto IV de O divino sainete (1888).
Arranxou La Aurora de Galicia. Almanaque literario para 1879, editado na Coruña por Vicente Abad Torregrosa, con colaboracións de textos de Emilio Álvarez Giménez, Francisco Añón, Indalecio Armesto, Emilia Calé, Ricardo Caruncho, Luciano Cid Hermida, Curros Enríquez, Castor Elices, Ezequiel Fernández Miranda, Darío García Taboada, Salvador Golpe, José Millán Astray, José María Montes, Segundo Moreno Barcia, Jesús Muruais, Xoán Neira Cancela, Emilia Pardo Bazán, Juan Manuel Paz Novoa, Aureliano Pereira, Ramón Pérez Costales, Narcisa Pérez Reoyo, José María Posada, Luís Taboada, Teodosio Vesteiro Torres, Alfredo Vicenti e Benito Vicetto, ilustracións de Federico Guisasola y Lasala e Román Navarro e partituras de Pascual Veiga, entre outros.La Aurora de Galicia, almanaque literario para 1879 en Galiciana. Biblioteca de Galicia.
Dirixiu El Danzante e colaborou en El Anunciador, La Tertulia e Galicia Literaria.
Couceiro (1952) dixo "quedan de él algunos versos que no sobrepasan la línea de lo mediocre".
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos
Manuel Curros Enríquez Ligazóns externas
Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 1886 Categoría:Nados en Celanova Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Poetas en lingua castelá Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá