Bertha Lamme Feicht, nada en Bethel (EE UU) o 16 de decembro de 1869 e finada o 20 de novembro de 1943, foi unha enxeñeira estadounidense. En 1893, converteuse na primeira muller en recibir unha licenciatura en enxeñaría, graduándose na Universidade Estatal de Ohio.. Considérase que é a primeira muller estadounidense en graduarse nunha disciplina de enxeñaría principal distinta á enxeñaría civil.
Traxectoria centro|miniatura|200x200px|Bertha Lamme traballando cun compás (1892)centro|miniatura|200x200px|Diploma de Bertha Lamme emitido pola Universidade Estatal de Ohio Bertha Lamme naceu na granxa da súa familia na localidade de Bethel, preto de Springfield (Ohio). Despois de graduarse na Olive Branch High School en 1889, seguiu os pasos do seu irmán, Benjamin G. Lamme e inscribiuse na Universidade Estatal de Ohio ese mesmo outono.
Graduouse en 1893 co título de enxeñaría mecánica na especialidade eléctrica. A súa tese de graduación titulouse "Unha análise de probas dun xerador ferroviario de Westinghouse". O xornal estudantil informou que se produciu unha ovación espontánea cando recibiu o seu diploma.
Pouco despois foi contratada pola Westinghouse como a súa primeira enxeñeira. Traballou alí ata que casou con Russell S. Feicht, o seu supervisor e tamén ex alumno da Universidade Estatal de Ohio, o 14 de decembro de 1905.
Tivo unha filla, Florence, nada en 1910, que se converteu en física da Oficina de Minas de EE UU.
Bertha Lamme Feicht morreu en Pittsburgh o 20 de novembro de 1943 e foi enterrada no Cemiterio Homewood. O seu esposo Russell morreu en abril de 1949.
Legado
Algúns dos seus efectos persoais, incluídos a súa regra de cálculo, regra T e o seu diploma, atópanse depositados nas coleccións do Centro de Historia Heinz de Pittsburgh. A Fundacióm Educativa Westinghouse, xunto coa Sociedade de Mulleres Enxeñeiras, crearon unha bolsa na súa memoria no ano 1973.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Benjamin G. Lamme
Categoría:Enxeñeiros Categoría:Enxeñeiros dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1869 Categoría:Nados no condado de Clark, Ohio Categoría:Finados en 1943 Categoría:Alumnos da Universidade Estatal de Ohio