Sanna Mirella Marin, nada o 16 de novembro de 1985 en Helsinqui, é unha política finlandesa que exerce como Primeira ministra de Finlandia 10 de decembro de 2019 até o 20 de xuño de 2023. Marin foi a primeira vicepresidenta dos socialdemócratas finlandeses.

Traxectoria Forma parte do Parlamento de Finlandia desde o ano 2015 e foi Ministra de Transportes e Comunicacións entre o 6 de xuño de 2019 e o 10 de decembro de 2019. Despois de que Antti Rinne deixase o seu cargo como Primeiro ministro,SDP on valinnut: Sanna Marinista tulee Suomen seuraava pääministeri – suora lähetys menossa, Yle seuraa hetki hetkeltä Consultado o 12 de marzo de 2020 o Partido Socialdemócrata elixiu a Marin como a súa nova candidata o 8 de decembro de 2019. Con 34 anos, Marin converteuse na líder de estado máis nova do mundo nese momento (aínda que o austríaco Sebastian Kurz lle arrebatou o posto ao mes seguinte) e tamén na primeira ministra máis nova do seu país.

Ideoloxía Marin afirmou que era afín á Alianza de Esquerda e aos Verdes, pero que escolleu o Partido Socialdemócratas polos feitos que lograran ao longo da súa historia; porén, en 2015 criticou o partido porque non tiña feito avances suficientes no eido da igualdade de ingresos durante a década de 2000.

Polémicas

Negociacións pola OTAN No programa electoral de 2015 Sanna Marin era contraria a solicitar a pertenza de Finlandia á OTAN. En marzo de 2022 anunciouse que Finlandia e Suecia solicitarían o ingreso na OTAN a raíz da invasión rusa de Ucraína. En maio de 2022 Sanna Marin confirmou que chegaran a un acordo con Turquía para levantar o veto ao ingreso. As cesións incluían a extradición de kurdos e a clasificación do PKK como grupo terrorista.

Vida nocturna En decembro de 2021 acudiu a un local nocturno despois de ter estado en contacto cun positivo por COVID-19. Marin recoñeceu que tiña actuado de forma errada e que debía ter máis coidado naquela situación.

En agosto de 2022 foi acusada de ter consumido "algún tipo de narcóticos", despois de filtrarse un vídeo na web iltalehti.fi onde aparece cantando e bailando nunha festa privada durante as súas vacacións cun grupo de amigos, entre eles algunhas celebridades finlandesas. A oposición pediu que se realizase un test de drogas, xa que no vídeo se escoita a unha persoa berrar, pero comentouse que poderían ter confundido "jauhojengi" (cocaína en argot) con "jallujengi", unha referencia a un brandy finés chamado Jaloviina. Ela fixo unhas declaracións públicas lamentando a publicación, negando que tivese tomado drogas, "salvo bebidas alcohólicas de baixa gradación" e dicindo que non era nada do que arrepentirse, que era "unha persoa normal" e que esas cousas se dirimen nas votacións das eleccións. Previamente fora acusada de ter saído a un festival sen levar o teléfono gobernamental, pero ela dixo que levara o seu teléfono persoal e que de acontecer calquera urxencia podería ser contactada.

O 23 de agosto de 2022 deuse a coñecer que o test de drogas ao que se sometera deu negativo e deu explicacións sobre unha nova polémica por dúas amigas súas fotografadas beixándose semiespidas na residencia oficial da Primeira Ministra. Sanna Marin desculpouse pero dixo que en ningún momento a seguridade do Goberno se viu ameazada.

Vida persoal Os seus pais divorciáronse cando ela aínda era unha nena debido ao alcoholismo do seu pai, entre outras cousas. A familia era traballadora de clase baixa. Despois creceu nunha familia homoparental coa nai e a súa amiga.

Sanna afirmou que é vexetariana. Vive en Tampere co seu marido Markus Räikkönen e a súa filla, nada o 28 de xaneiro de 2018.

Notas

Véxase tamén

Primeiro ministro de Finlandia

Categoría:Nados en 1985 Categoría:Nados en Helsinqui Categoría:Primeiros ministros de Finlandia