Anthony Wayne England, nado en Indianapolis (Indiana) o 15 de maio de 1942, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte da misión STS-51-F. Pasou un total de 7,95 días no espazo.
Traxectoria England graduouse en xeoloxía polo Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) en 1965 e é doutor na mesma materia polo MIT en 1970.
Foi seleccionado pola NASA como astronauta en agosto de 1967, participando na misión STS-51-F e pasando un total de 7,95 días no espazo. Retirouse da NASA en 1988.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-51-F
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1942 Categoría:Nados en Indiana