Alice Szászné Burger, nada en Budapest en 1925, é unha arqueóloga e numismática húngara especializada nas provincias romanas."Sz. Burger Alice ". Who's who in the Hungarian Archaeology.Perfil biográfico na contraportada en Burger, Alice Sz. (1979): Das spätrömische Gräberfeld von Somogyszil. Budapest. Akadémiai Kiadó. ISBN 963-05-1855-4
Traxectoria Logo de acabar a súa educación secundaria en 1947, Alice Szászné Burger cursou os seus estudos superiores de Arqueoloxía e Historia da Arte na Universidade Eötvös-Loránd, de Budapest, na que se graduou en 1952. En 1959 acadou o seu doutoramento en arqueoloxía da Antigüidade cunha tese sobre a moeda e a circulación monetaria no baixo Imperio Romano na provincia romana de Pannonia, que foi publicada en 1981.
Entre 1949 e 1950 traballou no Centro nacional de Museos e Monumentos de Hungría, e de 1951 a 1982 desenvolveu a súa actividade no Museo Nacional Húngaro, onde dirixiu o departamento de Investigación de Solos, e da súa colaboración co director xeral do museo, Ferenc Fülep, xurdiron varias publicacións conxuntas.
As áreas nas que centrou as súas investigacións son a arqueoloxía da Roma provincial, especialmente a relativa á provincia de Pannonia e á antiga cidade de Aquincum, así como o estudo dos cemiterios e dos rituais funerarios, a investigación sobre monumentos e a numismática. Con estas liñas de interese, participou en diversas escavacións nas provincias húngaras de Baranya, Tolna e Somogy, e participou en proxectos de investigación como Tabula Imperii Romani (para a creación dun mapa arqueolóxico do Imperio Romano), Corpus Signorum Imperii Romani (para a catalogación das esculturas imperiais) e Corpus Inscriptionum Latinarum (sobre as inscricións latinas antigas, fundamentalmente en Hungría).
Alice Szászné Burger foi, durante varios anos, a editora da revista Régészeti Füzetek ("Cadernos arqueolóxicos"), do Museo Nacional Húngaro.
Recoñecementos
1971: Medalla conmemorativa Kuzsinszky Bálint. 1982: Premio Móra Ferenc.
Publicacións
Monografías
(1959): Aldozati jelenet Pannónia köemlékein. Budapest. Magyar nemzeti múzeum. (1966): The late roman cemetery at Ságvár. Akadémiai Nyomda. Budapest. Acta archaeologica Academiae Scientiarum Hungaricae, 18. (1974): Pécs római kori kőemlékei (con Ferenc Fülep). Pécs. Janus Pannonius Múzeum. (1979): Das spätrömische Gräberfeld von Somogyszil. Budapest. Akadémiai Kiadó. ISBN 963-05-1855-4 (1981): Late Roman money circulation in South-Pannonia. Budapest. Ungarisches Nationalmuseum. ISBN 963-562-922-2 (1984): Das Gebiet zwischen der Drau und der Limesstrecke Lussonium-Altinum (con Ferenc Fülep). Budapest. Akadémiai Kiadó. ISBN 963-05-3254-9 (1991): Die Skulpturen des Stadtgebietes von Sopianae und des Gebietes zwischen der Drau und der Limesstrecke Lussonium-Altinum. Budapest. Akadémiai Kiadó. ISBN 963-05-5595-6
Ascolma de rtigos
(1959): "Collegiumi kőfaragóműhelyek Aquincumban". En Budapest Régiségei. 19. Páxinas 9-26. (1961): "Die Szene der „lupa capitolina“ auf provinzialen Grabsteinen". En Folia Archaeologica. 13. Páxinas 51-61. (1965): "Bemerkungen und Nachträge zu CIL III 3299". En Folia Archaeologia. 17. Páxinas 103-109. (1972): "Rómaikori temető Majson". En Archaeologiai Értesítő. 99. Páxinas 64-100. (1979): "Baranya Megye a Római Korban" (con Ferenc Fülep). En Gábor Bándi. Baranya megye története az őskortól a honfoglalásig. Pécs. ISBN 978-963-01-2342-6. Páxinas 221-317. Tamén consultable: versión en alemán.
Notas
Categoría:Nados en 1925 Categoría:Nados en Budapest Categoría:Numismáticos de Hungría Categoría:Historiadores de Hungría Categoría:Arqueólogos de Hungría Categoría:Alumnos da Universidade Eötvös Loránd Categoría:Personalidades sen imaxes