Arnulfo III de Flandres, chamado tamén Arnulfo o Desgraciado, nado en 1054 e finado en Bavinchove, preto de Cassel, o 22 de febreiro de 1071, foi conde de Flandres e Hainaut entre 1070 e 1071. Era fillo de Balduíno VI, conde de Flandres e de Riquilda, condesa de Hainaut.
Traxectoria
Segundo algúns historiadores, a pouca habilidade e crueldade da súa nai, Riquilda de Hainaut, empurrada polo rei Filipe I de Francia a tomar a rexencia en detrimento do irmán de Balduíno, Roberto o Frisón, provocaron rapidamente unha insurrección da nobreza das principais cidades. Segundo outros historiadores, foi a ambición de Roberto o Frisón o que o impulsou a poñer en marcha os levantamentos. En 1071, Arnulfo III morreu na batalla de Cassel, contra Roberto, que se converteu en Conde de Flandres. O condado de Hainaut foi parar ao seu irmán máis novo Balduíno II de Hainaut (1056 - 1098).
Foi enterrado polo seu tío, que lle construíu un mausoleo en Saint-Bertin.
Lenda
A morte precoz deste conde é a orixe da lenda de Gerbodon, vasalo de Arnulfo. Segundo a lenda, Gerbodon matou a Arnulfo e, cheo de remordemento, pediulle ao papa que lle cortase as mans; este ordenoulle ao seu cociñeiro que executase a tarefa agás se as mans tremesen, cousa que tivo lugar. Perdoado, Gerbodon morrería en Cluny, en loor de santidade.
Devanceiros
Notas
Categoría:Condes de Flandres Categoría:Nados en 1054 Categoría:Finados en 1071 Categoría:Condes de Hainaut Categoría:Mortos en combate