miniatura|Emir Kusturica foi o derradeiro director iugoslavo nomeado para o Premio de Academia antes da disolución de Iugoslavia, polo seu filme Otac na službenom putu. Iugoslavia presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional dende o ano 1958 até 1991. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.

Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Iugoslavia para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano(Cerimonia) Título Lingua(s) Director Resultado 1958(31ª) La strada lunga un anno Italiano 1959(32ª) Vlak bez voznog reda Serbocroata 1960(33ª) Deveti krug Serbocroata 1963(36ª) Kozara Serbocroata 1964(37ª) Skopje '63 Serbocroata 1966(39ª) Tri Serbocroata 1967(40ª) Skupljači perja Serbocroata 1968(41ª) Biće skoro propast sveta Serbocroata 1969(42ª) Bitka na Neretvi Serbocroata e inglés 1971(44ª) Crno seme Macedonio 1972(45ª) Majstor i Margarita Serbocroata e italiano 1973(46ª) Sutjeska Serbocroata, inglés e alemán 1974(47ª) Derviš i smrt Serbocroata 1975(48ª) Sarajevski atentat Serbocroata, checo, inglés e alemán 1976(49ª) Izbavitelj Serbocroata 1978(51ª) Okupacija u 26 slika Serbocroata 1979(52ª) Čovjek koga treba ubiti Serbocroata 1980(53ª) Poseban tretman Serbocroata 1981(54ª) Sjećaš li se Dolly Bell? Serbocroata 1982(55ª) Miris dunja Serbocroata 1983(56ª) Veliki transport Serbocroata 1984(57ª) Kraj rata Serbocroata 1985(58ª) Otac na službenom putu Serbocroata 1986(59ª) Srećna nova '49. Macedonio e serbocroata 1987(60ª) Već viđeno Serbocroata e esperanto 1988(61ª) Život sa stricem Serbocroata 1989(62ª) Dom za vešanje Serbocroata, romaní e italiano 1990(63ª) Vreme čuda Serbocroata 1991(64ª) Original falsifikata Serbocroata

Notas

Categoría:Cinema de Iugoslavia Iugoslavia