miniatura|Tetradracma ateniense ca. 520-510 a. de C. Peso:17,09 g. Padrón ático O padrón ático foi un estándar ponderal e monetario utilizado durante o período helenístico. Coñécese tamén como padrón eubóico (de Eubea).Plant, I. M. (2004). Páxina 141. Despois de Alexandre o Grande, os outros padróns monetarios gregos, excepto o estándar de Rodas, foron abandonados en prol do ático.

O padrón ático foi perdendo peso progresivamente durante o seu período de existencia.Mørkholm, O. (1991). Páxina 8.

Historia esquerda|miniatura|Peso de bronce consonte o padrón ático. Peso: 446 gr A unidade en que se baseaba o padrón monetario ático era de arredor de 17,26 gramos de prata, o que o diferenciaba do utilizado no Exipto tolemaico."Attic Weight Standard". Forum Ancient Coins.Bagnall, R. (1976).

Filipo II de Macedonia adoptou o sistema ático para o seu reino, do mesmo modo que Alexandre o Grande. A adopción por parte do Imperio Macedonio do padrón ático provocou a desaparición do resto dos sistemas bardante o padrón de Rodas, xa que os rodios tiñan un ámbito comercial propio ben establecido con áreas como Exipto.Berthold, R. M. (2009). Páxinas 48-49.

Durante os 300 anos do período elenístico, o padrón ático experimentou sucesivos cambios. Na época de Alexandre o Grande, o tetradracma pesaba 17,28 gramos de prata, en tanto que en 300 a. de C. xa baixara lixeiramente ata os 17,20 gramos. A ceca da Antioquía seléucida constata un proceso continuo de diminución do peso, que foi imitado por outras cecas da rexión.

Todos os estados dos Diádocos estados utilizaron o padrón ático, coa única excepción do Exipto tolemaico, que usou no seu lugar un padrón monetario propio de orixe fenicia.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Bagnall, R. (1976). The Administration of the Ptolomaic Possessions Outside Egypt: With 3 Maps. Brill Archive. ISBN 90-04-04490-6 Berthold, R. M. (2009). Rhodes in the Hellenistic Age. Cornell University Press. ISBN 0-8014-7597-X Mørkholm, O. (1991). Early Hellenistic Coinage from the Accession of Alexander to the Peace of Apamaea (336-188 BC). Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-39504-5 Plant, I. M. (2004). Women Writers of Ancient Greece and Rome: An Anthology. University of Oklahoma Press. ISBN 978-0-8061-3621-9 Outros artigos Talento ático Dracma

Categoría:Período helenístico Categoría:Moedas da Antiga Grecia