Haumea é un xénero de moluscos bivalvos da orde dos ostreidos, suborde dos pectininos, superfamilia dos pectinoideos e familia dos pectínidos.Haumea Dall, Bartsch & Rehder, 1938 no WoRMS. Consultada o 30 de xaneiro de 2020.Haumea Dall, Bartsch & Rehder, 1938 en BioLib.Haumea Dall, Bartsch, and Rehder, 1938 no ITIS.
As súas especies son unhas pequenas vieiras que habitan nos océanos Índico e Pacífico.
Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1938 por Dall, Bartsch e Rehder.
Etimoloxía O nome científico do xénero, Haumea, débese a que unha das especies, Haumea loxoides, é endémica das illas Hawai,Haumea loxoides (G. B. Sowerby III 1882) na EOL. polo que Dall, Bartsch & Rehde déronlle este nome en memoria de Haumea que, na mitoloxía hawaiana, era a deusa da fertilidade e dos partos.
Especies Na actualidade (2020) recoñécense no xénero as seguintes tres especies: Haumea loxoides (G. B. Sowerby III, 1882) — Nas costas das illas Hawai. Haumea minuta (Linnaeus, 1758) — Nas costas de Mozambique, Madagascar, Reunión, Indonesia, Papúa-Nova Guinea, Salomón e Vanuatu.Haumea minuta na EOL. Haumea rehderi (Grau, 1960) — Nas costas de Indonsia, Salomón e Vanuatu.Haumea rehderi na EOL.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Bieler R., Carter J. G. & Coan E. V. (2010): "Classification of Bivalve families". En: Bouchet P. & Rocroi J.-P. "Nomenclator of Bivalve Families". Malacologia 52 (2): 1-184, pp. 113–133. Dall, W. H. (1925): "Notes on the Nomenclature of our East American Species of Pecten". The Nautilus 38: 112–120. Dall, W. H.; Bartsch, P. & Rehder, H. A. (1938): "A Manual of the Recent and Fossil Marine Pelecypod Mollusks of the Hawaiian Islands". Bemice P. Bishop Museum Bulletin 153: 1–233. Dijkstra, H. H. (1994): "Type specimens of recent species of Pectinidae described by Lamarck (1819), preserved in the Museum ďHistoire Naturelle of Geneva and the Museum National ď'Histoire Naturelle of Paris". Revue Suisse de Zoologie 101 (2): 465–532. Raines, B. K. & Poppe, G. T. (2006): "The Family Pectinidae". En: Poppe, G. T. & Groh, K.: A Conchological Iconography. Hackenheim: ConchBooks. ISBN 3-9259-1978-3.
Outros artigos Bivalvos Ostreidos Pectininos (suborde) Pectinoideos Pectínidos
Ligazóns externas Dijkstra, Henk H. (1999): "Type specimens of Pectinidae (Mollusca: Bivalvia) described by Linnaeus (1758–1771)". Zoological Journal of the Linnean Society 125 (4): 383–443. Haumea na EOL. Haumea en Fossilworks. Imaxes de Haumea loxoides
Categoría:Pectínidos