Carlos III da Provenza e IV ou V de Anjou, nado en 1436 e finado en Marsella en 1481, foi conde de Guisa, Maine e Mortain (1472 - 1481) e duque de Anjou e conde da Provenza (1480 - 1481). Traxectoria Fillo de Carlos de Anjou e Isabel de Luxemburgo, e polo tanto neto de Lois II de Anjou, conde da Provenza e rei de Nápoles, e de Iolanda de Aragón. Á morte do seu pai en 1472, herdou os títulos adxacentes ao título principal de Conde-Duque de Anjou. Na numeración do ducado de Anjou a miúdo preséntase como Carlos V fronre ao correcto Carlos IV. En 1480, á morte do seu tío, Renato I, sucedeuno como quinto duque de Anjou, así como conde da Provenza. A sucesión recaeu en Carlos, xa que naquel ano Renato de Anjou só tiña unha filla sobrevivente, Iolanda, que xa recibira o condado de Bar e o Ducado de Lorena. En 1474 casou con Xoana de Lorena, filla de Iolanda de Anjou e, polo tanto, neta de Renato. Non houbo descendencia deste matrimonio. Á súa morte, o condado da Provenza, así como o título de duque de Anjou, pasaron ao seu curmán o rei de Francia Lois XI e integráronse á coroa francesa. Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en 1446 Categoría:Finados en 1481 Categoría:Duques de Anjou Categoría:Condes da Provenza Categoría:Condes de Guisa Categoría:Condes do Maine Categoría:Condes de Mortain