Carlos Ferreirós Espinosa, nado en Poio o 1 de febreiro de 1918 e finado en Vigo o 21 de abril de 1996,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 23-4-1996, p. 78. foi un médico galego.

Traxectoria Fillo de Manuel Ferreirós Oca e María Espinosa Cervela. Estudou Medicina. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 tivo que deixar os estudos ao ser mobilizado en 1937. Despois da guerra continuou no exército chegando a capitán de infantaría. Ao pasar a reserva, continuou os estudos e en 1945 alcanzou o título de médico. Foi catedrático de Terapéutica Física e Radioloxía na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela e xefe do Departamento de Radioloxía do Hospital Clínico Universitario de Santiago.

Vida persoal

Casou en Cee con María del Carmen Domínguez del Campo o 5 de xullo de 1951.

Notas

Véxase tamén O legado dos Valladares de Vilancosta (Centro Ramón Piñeiro, 2018). Edición de Armando Requeixo.

Ligazóns externas Casal de Vilancosta ou dos Valladares

Categoría:Médicos de Poio Categoría:Nados en Poio Categoría:Nados en 1918 Categoría:Finados en 1996 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes