Ariarates III (en grego: Aριαράθης) foi un gobernante de Capadocia no 280 a.C., despois rei de Capadocia no 255 a.C., que morreu ao redor do 220 a.C.

Traxectoria Ariarates III era fillo de Ariamnes II, rei de Capadocia, e neto de Ariarates II. Durante do reinado do seu pai, foi asociado ao poder e reinaron xuntos. Polo 255 a.C. amosou a súa independencia pois foi primeiro monarca de Capadocia en autoproclamarse rei (en grego, basileus).

O seu pai, Ariamnes II, pretendeu establecer unha alianza casando ao seu fillo Ariarates coa filla de Antíoco II Theos, rei de Siria, Estratónice. Este casamento produciuse durante a Terceira guerra siria, reinando xa Seleuco II Calinico, irmán de Estratónice.Will (1966), p. 263 Porén, Ariarates, xunto con outros monarcas, como Mitrídates II do Ponto e Ziaelas de Bitinia, apoiaron a Antíoco Hiérax durante a "guerra fratricida" que enfrontou a este último contra o seu irmán, Seleuco II, na que saíron derrotados.

Porén, durante o seu reinado anexionouse o territorio de Cataonia; aínda que tamén se especula coa posibilidade de que recibise ese territorio trala súa unión con Estratónice, froito da cal naceu o seu sucesor Ariarates IV.

A súa cronoloxía como a dos tres gobernantes anteriores a el é incerta, pois hai autores que o enumeran como Ariarates IV.Feller (1838), p. 231

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Finados en -220 Categoría:Turquía Categoría:Capadocia Categoría:Reis de Capadocia Categoría:Imperio Seléucida Categoría:Persia