Ninguén coma min, co subtítulo Autobiografía dun tirano, é un álbum escrito polo galego Ignacio Chao e ilustrado pola artista catalá Eva Sánchez. Publicouno a editorial pontevedresa Kalandraka, na súa colección "Maremar", en xaneiro de 2020Ficha en Imosver.. Foi escollido para o catálogo White Ravens de 2021 como unha das mellores obras da literatura infantil e xuvenil dese anoNinguén coma min e santoamaro nos White Ravens 2021 , Galix.org, outubro de 2021..
Historia e características Tras recibir unha mención na XI edición do Premio Compostela de Álbum ilustrado, a obra comercializouse ao mesmo tempo en tres linguas: en galego (lingua orixinal), en castelán -intitulada Nadie como yo- e mais en catalán -Ningú com jo-.
Trátase dunha "metáfora sobre o poder que, a través da figura dun porco, presenta un tirano que repasa a súa traxectoria vital"; en canto ás ilustracións, consonte a presentación editorial, son "figurativas, cun hábil tratamento cromático e de gran detallismo técnico, xogan co simbolismo dos personaxes -ratas, raposos, monos, voitres- e destacan pola agresividade das escenas humanizadas."Dossier de prensa elaborado pola editorial..
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ninguén coma min na páxina web da editorial. Recensión no blog Trafegando Ronseis, 19 de xaneiro de 2020.
Categoría:Obras de banda deseñada Categoría:Kalandraka