Liz Chicaje Churay, nada en 1982, é unha líder indíxena peruana do pobo bora que contribuíu significativamente á protección da selva e os ríos do Departamento de Loreto, no nordeste do Perú, salvagardando os dereitos do pobo yagua. Grazas ós seus esforzos, estabeleceuse o Parque Nacional Yaguas en 2018. En xaneiro de 2019 en Lima, foi galardoada co premio francoalemán polos dereitos humanos, sendo concedido polos embaixadores de Francia e Alemaña.

Traxectoria Liz Chicaje naceu en 1982 no seo dunha comunidade indíxena de boras de Pucaurquillo no distrito de Pebas, na rexión de Loreto. Pertence ó clan newat. Cando era nena, foi criada na selva onde aprendeu a apreciar a importancia da natureza e dos animais salvaxes. Cando medrou, as comunidades nativas que viven na zona estaban cada vez máis ameazadas pola talla ilegal de árbores e a minaría. Despois de decidir asumir a tarefa de loitar polo benestar destas comunidades, desenvolveu as súas habilidades de liderado e en 2013 buscou converterse en alcaldesa do distrito de Pebas. Aínda que non gañou, familiarizouse cos problemas da xente do distrito.

Grazas ó seu traballo, en 2014 foi escollida presidenta de FECONA, unha federación de comunidades indíxenas ampiyacu, achegando unha oportunidade de colaboración con outras federacións indíxenas da rexión. Traballou pola preservación da área arredor dos ríos Napo, Putumayo e Amazonas na fronteira entre Colombia e o Brasil. Como membro do Comité de Categorización da Zona de Reserva Yagua, traballou pola creación do Parquer Nacional Yaguas, no cal as comunidades indíxenas poderín estar integradas e protexidas.

En 2017, o Ministerio de Medio Ambiente do Perú convidouna a participar na Conferencias das Nacións Unidas sobre o cambio climático. Ela presentou as súas propostas sobre o Parque Nacional Yaguas na conferencia de 2017 en Bonn, Alemaña.

Grazas ós seus esforzos, estabeleceuse o Parque Nacional Yaguas no ano 2018. En xaneiro de 2019, foi galardoada en Lima co premio francoalemán dos dereitos humanos entregado polos embaixadores de Francia e Alemaña.

Chicaje foi galardoada co Premio Medioambiental Goldman en 2021.

Notas

Categoría:Nados en 1982 Categoría:Nados no departamento de Loreto Categoría:Pobo bora Categoría:Ecoloxistas do Perú Categoría:Activistas dos dereitos indíxenas