miniatura|250px|Diplodus cadenati (Para moitos autores Diplodus sargus cadenati). miniatura|250px|Cardume de Diplodus cervinus. miniatura|250px|Diplodus puntazzo fotografado na illa de Elba, Italia. Diplodus é un xénero de peixes actinopterixios da orde dos perciformes e familia dos espáridos.Diplodus Rafinesque, 1810 no WoRMS. Consultada o 21 de xaneiro de 2020.

Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1810 polo naturalista estadounidense de orixe franco-xermana-italiana Constantine Samuel Rafinesque-Schmaltz, na súa obra: Indice d'ittiologia siciliana; ossia, catalogo metodico dei nomi latini, italiani, e siciliani dei pesci, che si rinvengono in Sicilia disposti secondo un metodo naturale e seguito da un appendice che contiene la descrizione de alcuni nuovi pesci siciliani. Messina: G. del Nobolo.

Etimoloxía O nome científico Diplodus está formado pola unión dos elementos do latín científico dipl- e -odus.Diplodus no Merriam-Webster Dictionary.

O primeiro elemento deriva do grego antigo διπλόος diplóos, "duplo", "duplicado", "dobrado",dipl- no Merriam-Webster Dictionary. e, o segundo, tamén do grego antgigo ὀδούς odoús, "dente".-odus no Merriam-Webster Dictionary. Literalmente: "os de dentes duplicados", en referencia aos dous tipos de dentes que posúen estes peixes, incisivos e molares.

Sinónimos Ademais de polo nome que lle impuxo Rafinesque, e que é o actualmenté válido, o xénero tamén se coñeceu polos seguintes sinónimos: Puntazzo Bleeker, 1876 Sargus Cuvier, 1816 Sargus Klein, 1775

Especies Na actualidade (2020), segundo o World Register of Marine Species, recoñécense as especies:

Diplodus annularis (Linnaeus, 1758) Diplodus argenteus (Valenciennes, 1830) Diplodus ascensionis (Valenciennes, 1830) Diplodus bellottii (Steindachner, 1882) Diplodus bermudensis Caldwell, 1965 Diplodus cadenati de la Paz, Bauchot & Daget, 1974 Diplodus capensis (Smith, 1844) Diplodus caudimacula (Poey, 1860) Diplodus cervinus (Lowe, 1838) Diplodus fasciatus (Valenciennes, 1830) Diplodus helenae (Sauvage, 1879) Diplodus holbrookii (Bean, 1878) Diplodus hottentotus (Smith, 1844) Diplodus kotschyi (Steindachner, 1876) Diplodus levantinus Fricke, Golani & Appelbaum-Golani, 2016 Diplodus lineatus (Valenciennes, 1830) Diplodus noct (Valenciennes, 1830) Diplodus omanensis Bauchot & Bianchi, 1984 Diplodus prayensis Cadenat, 1964 Diplodus puntazzo (Walbaum, 1792) Diplodus sargus (Linnaeus, 1758) Diplodus striatus (Bliss, 1883) Diplodus vulgaris (Geoffroy Saint-Hilaire, 1817)

Porén, o Sistema Integrado de Información Taxonómica só recoñece as seguintes:Diplodus Rafinesque, 1810 no ITIS.

Diplodus annularis (Linnaeus, 1758) Diplodus argenteus (Valenciennes in Cuvier & Valenciennes, 1830) Diplodus bellottii (Steindachner, 1882) Diplodus bermudensis Caldwell, 1965 Diplodus cervinus (Lowe, 1838) Diplodus fasciatus (Valenciennes in Cuvier & Valenciennes, 1830) Diplodus holbrookii (Bean, 1878) Diplodus noct (Valenciennes, 1830) Diplodus prayensis Cadenat, 1964 Diplodus puntazzo (Cetti, 1777) Diplodus sargus (Linnaeus, 1758) Diplodus vulgaris (Geoffroy Saint-Hilaire, 1817)

En Galicia No litoral galego están presentes as seguintes especies: Diplodus annularis Diplodus cervinus Diplodus sargus Diplodus vulgaris

Unha nova especie galega Moi poucas veces chega ás lonxas galegas (e do resto do noroeste español) un espécime fresco de sargo bicudo (Diplodus puntazzo). Pero en agosto de 2022 chegou á de Burela un, que foi identificado como o sargo común (Diplodus sargus) aínda que, por suposto, se sabía que non o era e que, máis tarde, confirmou un biólogo especializado en especies mariñas raras á empresa comercializadora que o comprou. Supoñen os que o estudaron que chegou tan ao norte debido ao quecemento global, que eleva a temopreatura do mar; polo seu tamaño e porque pesaba 1,5 kg deduciron que debía levar xa tempo na Mariña lucense, obnde foi pescado o 22 de agosto deste ano. O comprador doouno para a investigación.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Rodríguez Villanueva, X. L. e Vázquez, Xavier (1994): Peixes do mar de Galicia (II). Peixes óseos: xeneralidades, clasificación e orde perciformes. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-784-6. van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al. (eds.) European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50. París: Muséum national d'Histoire naturelle. ISBN 2-8565-3538-0, pp. 357–374.

Outros artigos Perciformes Espáridos

Ligazóns externas Diplodus na ADW. Spottail Porgies. Diplodus na EOL. Diplodus Rafinesque, 1810 en BioLib. Lista das especies de Diplodus en FishBase.

Categoría:Espáridos Categoría:Peixes de Galicia