Justine Henin, nada en Liexa o 1 de xuño de 1982,UNESCO é unha tenista belga retirada, coñecida polo seu estilo de xogo sobre todas as superficies e por ser unha das poucas xogadoras en realizar o revés cunha soa man. Estivo un total de 117 semanas como número un do mundo en 2003, 2006 e 2007. Henin, procedente dun país cun éxito limitado no mundo do tenis, axudou a establecer Bélxica como forza líder no tenis feminino xunto con Kim Clijsters, e levou o seu país a gañar a súa primeira Fed Cup en 2001.

Henin gañou sete títulos individuais de Grand Slam, gañando o Torneo de Roland Garros en 2003, 2005, 2006 e 2007, o US Open en 2003 e 2007 e o Aberto de Australia en 2004. En Wimbledon, foi finalista en 2001 e 2006. Tamén gañou a medalla de ouro individual nos Xogos Olímpicos de 2004. En total gañou 43 títulos individuais da WTA.

Os expertos citan a súa fortaleza mental, o completo e variado do seu xogo, a súa velocidade e xogo de pés e o seu revés, que John McEnroe describiu como "o mellor revés cunha man tanto en homes como en mulleres", como as principais razóns do seu éxito. Retirouse do tenis profesional o 26 de xaneiro de 2011, debido a unha lesión crónica no cóbado."Justine Henin quits tennis because of injury", BBC News, 26 de xaneiro de 2011. En xuño de 2011, foi nomeada unha das "30 Lendas do Tenis Feminino: Pasado, Presente e Futuro" pola revista Time. Está amplamente considerada unha das mellores mulleres tenistas de todos os tempos. En 2016, converteuse na primeira tenista belga incluída no International Tennis Hall of Fame.Marat Safin, Justine Henin inducted into International Tennis Hall of Fame. Associated Press (17 de xullo de 2016)Justine Henin. International Tennis Hall of Fame

Estatísticas Grand Slam Torneo1999200020012002200320042005200620072008200920102011A2R4RQFSFWAFAQFAF3R1 / 938–8Roland Garros2RASF1RW2RWWWAA4RA4 / 938–5WimbledonA1RFSFSFA1RFSFAA4RA0 / 830–8US Open1RR4R4RW4R4RFWAAAA2 / 935–7Vitorias-derrotas1–24–317–412–424–211–210–225–319–14–10–012–32–1

Finais de Grand Slam individuais: 12 (7 títulos, 5 finalistas) ResultadoAnoCampionatoSuperficieRivalMarcadorFinalista2001WimbledonHerba Venus Williams 1–6, 6–3, 0–6Gañadora2003Roland Garros (1)Terra Kim Clijsters 6–0, 6–4Gañadora2003US Open (1) Dura Kim Clijsters 7–5, 6–1Gañadora2004Aberto de Australia (1)Dura Kim Clijsters 6–3, 4–6, 6–3Gañadora2005Roland Garros (2)Terra Mary Pierce 6–1, 6–1Finalista2006Aberto de AustraliaDura Amélie Mauresmo 1–6, 0–2 ret.Gañadora2006Roland Garros (3) Terra Svetlana Kuznetsova 6–4, 6–4Finalista2006WimbledonHerba Amélie Mauresmo 6–2, 3–6, 4–6Finalista2006US OpenDura Maria Sharapova 4–6, 4–6Gañadora2007Roland Garros (4)Terra Ana Ivanovic 6–1, 6–2Gañadora2007US Open (2)Dura Svetlana Kuznetsova 6–1, 6–3Finalista2010Aberto de AustraliaDura Serena Williams 4–6, 6–3, 2–6

Notas

Categoría:Nados en Liexa Categoría:Nados en 1982 Categoría:Tenistas olímpicos de Bélxica Categoría:Campións do US Open Categoría:Campións do Open de Australia Categoría:Campións do Roland Garros Categoría:Medallistas olímpicos en tenis Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Bélxica Categoría:Tenistas nos Xogos Olímpicos de 2004