Bruno Latour, nado en Beaune o 22 de xuño de 1947 e finado o 9 de outubro de 2022, foi un filósofo da ciencia, antropólogo e sociólogo francés.Wheeler, Will. Bruno Latour: Documenting Human and Nonhuman Associations Critical Theory for Library and Information Science. Libraries Unlimited, 2010, p. 189. Foi recoñecido especialmente polo seu traballo no campo dos estudos da ciencia e da tecnoloxía (STS).Steve Fuller, "Science and Technology Studies", en The Knowledge book. Key concepts in philosophy, science and culture, Acumen (UK) e McGill-Queens University Press (NA), 2007, p. 153. Tras dar clases na École des Mines de París (Centre de Sociologie de l'Innovation) entre 1982 e 2006, converteuse en profesor do Institut d'études politiques de París (2006–2017), onde foi o director científico do Sciences Po Medialab. Retirouse de varias actividades da universidade en 2017."Biography" Bruno Latour's official website Foi tamén Centennial Professor na Escola de Economía de Londres.

Latour foi máis coñecido polos seus libros Nous n'avons jamais été modernes : Essai d'anthropologie symétrique (1991), Laboratory Life (con Steve Woolgar, 1979) e Science in Action (1987).Heather Vidmar-McEwen,"Anthropologists biographies: Bruno Latour", "Anthropologists biographies: Bruno Latour", Indiana University Anthropology Department Aínda que os seus estudos sobre a práctica científica estiveron nun momento asociados coas achegas do construcionismo social á filosofía da ciencia, Latour diverxeu significativamente destas achegas. É coñecido por renunciar á división subxectivo/obxectivo e redesenvolver a contribución do traballo práctico. Latour dixo en 2017 que estaba interesado en axudar a reconstruír a confianza na ciencia e que algunhas das autoridades da ciencia necesitaban ser reconquistadas. Xunto con Michel Callon e John Law, Latour foi un dos principais desenvolvedores da teoría do actor-rede (ANT), unha achega construcionista influída pola etnometodoloxía de Harold Garfinkel, a semiótica xenerativa de Algirdas Julien Greimas, e a socioloxía do rival de Émile Durkheim, Gabriel Tarde.

As monografías de Latour valéronlle o décimo posto entre os autores máis citados nas humanidades e as ciencias sociais en 2007. Latour esforzouse en anticipar os retos e problemas do clima, afirmando que "Necesitaríanse cinco planetas para seguir vivindo como nós".

A seguinte frase é atribuída por Eliane Brum a este filósofoO negacionismo é a maneira que as elites atoparon para que os pobres paguen a factura climática

Traxectoria Bruno Latour naceu en Beaune, Francia, en 1947. Estudou filosofía baixo a influencia de Michel Serres. Interesado pola antropoloxía, ingresou no Institut de Recherche pour le Développement e realizou o seu traballo de campo en Abidjan (Costa do Marfil). Despois amosou interese pola actividade científica.Biografía de Bruno Latour na súa páxina web oficial. Como resultado dunha investigación etnográfica no Instituto Salk (La Jolla, California), publicou en 1979 Laboratory Life, que coescribiu con Steve Woolgar.

En 1984 publicou Les Microbes: Guerre Et Paix, un repaso da vida e a obra de Louis Pasteur e o seu descubrimento dos microbios. En adiante, os seus libros foron fundamentalmente teóricos (Science in Action, Pandora's Hope: An Essay on the Reality of Science Studies, onde expón o fenómeno da caixanegrización), sendo un pensador clave da teoría do actor-rede.

Latour foi tamén organizador de exposición de arte de éxito no Zentrum für Kunst und Medientechnologie en Karlsruhe, Alemaña, incluídas "Iconoclash" (2002) e "Making Things Public" (2005). En 2005 recibiu a cátedra Spinoza de Filosofía da Universidade de Ámsterdam.

Premios e honras Foi nomeado doutor honoris causa polas universidades de Lund, Lausanne e Montreal e recibiu a medalla de honor do Instituto de Estudos Avanzados da Universidade de Boloña. En 2013 foille concedido o Premio Holberg.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Teoría actor-rede

Ligazóns externas Páxina web oficial Bruno Latour, etnografista, por Alejandro Piscitelli Comentario sobre La esperanza de Pandora, por Lucía Lewowicz Interview with Bruno Latour. Figure/Ground. 24 de setembro de 2013

Categoría:Nados no departamento de Côte-d'Or Categoría:Nados en 1947 Categoría:Finados en 2022 Categoría:Filósofos de Francia Categoría:Antropólogos de Francia Categoría:Sociólogos de Francia Categoría:Ensaístas