miniatura|Nana Jorjadze foi a directora do primeiro filme xeorxiano nomeado ao premio. Xeorxia presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional dende que acadou a súa independencia da URSS no ano 1991. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.
Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Xeorxia para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Ano(Cerimonia) Título Director Lingua(s) Resultado 1996(69ª) Shekvarebuli kulinaris ataserti retsepti Nana Jorjadze Francés, xeorxiano 1999(72ª) Ak tendeba Zaza Urushadze Xeorxiano 2000(73ª) 27 dakarguli kotsna Nana Jorjadze Xeorxiano, ruso 2001(74ª) Angelozis gadaprena Nodar Managadze Xeorxiano 2005(78ª) Tbilisi, Tbilisi Levan Zaqareishvili Xeorxiano 2007(80ª) Rusuli samkudhedi Aleko Tsabadze Ruso 2008(81ª) Mediator Dito Tsintsadze Inglés, alemán, ruso 2009(82ª) Gagma napiri George Ovashvili Xeorxiano, abkhazo, ruso 2010(83ª) Kuchis dgeebi Levan Koguashvili Xeorxiano 2011(84ª) Chantrapas Otar Iosseliani Francés, xeorxiano 2012(85ª) Gaigimet Rusudan Chkonia Xeorxiano 2013(86ª) Grdzeli nateli dgheebi Nana Ekvtimishvili, Simon Groß Xeorxiano 2014(87ª) Simindis k'undzuli Giorgi Ovashvili Xeorxiano 2015(88ª) Moira Levan Tutberidze Xeorxiano 2016(89ª) House of Others Rusudan Glurjidze Xeorxiano 2017(90ª) Sashishi Deda Ana Urushadze Xeorxiano 2018(91ª) Namme Zaza Khalvashi Xeorxiano 2019(91ª) Shindisi Dito Tsintsadze Xeorxiano 2020(93ª) Dasatskisi Déa Kulumbegashvili Xeorxiano 2021(94ª) Meotkhe Brait’oni Levan Koguashvili Xeorxiano 2022(95ª) Didi shesveneba Davit Pirtskhalava Xeorxiano 2023(96ª) Mokalake ts’mindani Tinatin Kajrishvili Xeorxiano 2024(97ª) Antikvariati Rusudan Glurjidze Xeorxiano e ruso
Notas
Categoría:Cinema de Xeorxia Xeorxia