A proteína SMURF2 (do inglés Smad ubiquitination regulatory factor, factor regulador de ubiquitinación das proteínas Smad), a miúdo chamada simplemente ligase de ubiquitina 2), é unha enzima que nos humanos está codificada polo xene SMURF2 do cromosoma 17 humano. Forma parte da familia de enzimas «C2-WW-Hect» que controlan a ensamblaxe das adhesións requiridas para a migración celular.Bórquez, Daniel A, & González-Billault, Christian. (2011). Regulation of cell polarity by controlled proteolytic systems Biological Research, 44(1), 35-41. doi: 10.4067/S0716-97602011000100005. Accesado el 23 de diciembre de 2015
Función A SMURF2 é unha ligase de ubiquitina específica para Smad reguladas por receptores, proteínas presentes na vía de sinalización celular da proteína morfoxénica ósea (BMP).Ma, W.H., Liu, Y.J., Wang, W., & Zhang, Y.Z.. (2015). Neuropeptide Y, substance P, and human bone morphogenetic protein 2 stimulate human osteoblast osteogenic activity by enhancing gap junction intercellular communication Brazilian Journal of Medical and Biological Research, 48(4), 299-307. Acceso o 22 de decembro de 2015 A súa acción é inhibitoria sobre as diversas enzimas da familia Smad. Unha proteína similar presente no xénero de ras Xenopus está asociada coa formación do padrón corporal embrionario. Especificamente, SMURF2 participa na coordinación da elongación axonal e a polaridade en embrioxénese.Bórquez, Daniel A, & González-Billault, Christian. (2011). Regulation of cell polarity by controlled proteolytic systems Biological Research, 44(1), 35-41. doi: 10.4067/S0716-97602011000100005. Acceso o 23 de decembro de 2015 SMURF2 é atraída por Smad7, localizada nas balsas lipídicas das membranas celulares, coa subseguinte internalización, ubiquitinación e degradación do receptor de TGF-beta polo proteasoma.Vanegas, Adriana Lucía, & Vásquez, Gloria María. (2011). Smad y otros blancos terapéuticos en esclerodermiaSmad and other therapeutic targets in scleroderma Revista Colombiana de Reumatología, 18(4), 285-294. Acceso o 18 de decembro de 2015
Rap1B Na súa función de ubiquitina, SMURF2 dirixe a reciclaxe de proteínas ao asociarse a elas e marcalas para a súa destrución. SMURF2 atópase situada no extremo nacente do axón xunto a outra proteína, Rap1B, cuxa sobreexpresión conduce a que as neuronas do hipocampo sexan multi-axonais. En contraste, a perda da función de Rap1b, mediada polo uso de ARN de silenciamento, prevén a formación de axóns, un fenotipo recuperado pola expresión dunha forma constitutivamente activa de Cdc42. Unha mutación en Cdc42 conduce á perda desta función que non pode ser rescatada por formas constitutivamente activas de Rap1b, polo que este debe situarse "augas arriba" do Cdc42. Rap1b concéntrase nunha soa das neuritas por acción da degradación selectiva da proteína inactiva naquelas neuritas que darán lugar ás respectivas dendritas. Esta degradación é mediada pola actividade de ubiquitina de SMURF2. SMURF2 está dirixida cara ao cono de crecemento axonal por medio da interacción do seu dominio HECT xunto co dominio PDZ da proteína de polaridade Par3, o que permite o seu transporte mediante o axuste da subunidade KIF3A da cinesina-2.
Interaccións A proteína SMURF2 presenta interaccións con:
Notas
Categoría:Proteínas Categoría:Xenes do cromosoma 17