Kirguizistán presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional dende o ano 1999. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.
Até o ano 2024, Kirguizistán presentou 17 filmes ó premio dende que acadou a independencia da Unión Soviética en 1991, mais non conseguiu chegar á fase de nomeados. O primeiro filme kirguiz presentado foi Lyutyy, presentado en nome da Unión Soviética no ano 1974 para competir na 47ª edición dos Óscar. Nese filme, rodado en lingua rusa, un rapaz convence ó seu cruel tío para que salva a vida dun cadelo de lobo.
Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Kirguizistán para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Ano(Cerimonia) Título Director Lingua Resultado 1998(71ª) Beshkempir Kirguiz 2001(74ª) Maimil Kirguiz e ruso 2006(79ª) Sunduk predkov Kirguiz e francés 2008(81ª) Heavens Blue Kirguiz 2010(83ª) Svet-Ake Kirguiz 2012(85ª) The Empty Home Kirguiz, ruso e francés 2014(87ª) Kurmanjan Datka Kirguiz 2015(88ª) Sutak Kirguiz 2016(89ª) Atanyn Kereezi e Kirguiz 2017(90ª) Kentavr Kirguiz 2018(91ª) Tunku Kyrsyk Kirguiz 2019(92ª) Aurora Kirguiz 2020(93ª) Running to the Sky Kirguiz 2021(94ª) Shambala Kirguiz e inglés 2022(95ª) Prodayetsya dom Kirguiz 2023(96ª) Esimde Kirguiz 2024(97ª) Beyish - Enenin tamanynda Kirguiz 2025(98ª) Kara Kyzyl Sary Kirguiz e ruso
Notas
Categoría:Cinema de Kirguizistán Kirguizistán