miniatura|Reverso dun estatero de ouro exipcio de Nectanebo II co xeroglífico nfr-nbF35-S12

O estatero de ouro (lingua exipcia: nfr-nb –Nefer-nub–; "ouro fino") foi a primeira moeda cuñada no Antigo Exipto, arredor do ano 360 a. de C., durante o período do faraón Teos (361 ou 360 - a 359 ou 358 a. de C.), da XXX Dinastía.

Historia Coa introdución do estatero de ouro, para o pagamento dos salarios aos mercenarios gregos que estaban ao seu servizo, Teos puxo a primeira pedra do seu propio circulante no Antigo Exipto. Posteriormente, tamén Nectanebo II (360-342 a. de C.) emitiu estateros de ouro ao seu nome.Noel Mark Noël. (2019). Páxina 6.Wetterstrom, K. K. (2014).

Reinado de Teos

Estatero de peso equivalente ao do dárico persa (arredor de 8,42 gramos), cun bufo na esquerda, deseñado segundo o modelo ateniense, e un papiro na dereita. Estatero co peso dun tetradracma, cun bufo á esquerda e unha póla de oliveira na dereita no anverso e coa inscrición en demótico exipcio: "Teos ... Faraón", no reverso.Muhs, B. (2016). Páxina 191.

Reinado de Nectanebo II

Estatero co peso do dárico (arredor de 8,42 gramos). Anverso cun cabalo brioso na dereita e reverso con xeroglíficos: nfr-nb."Greek coins, Egypt, Nectenebo II, Daric or Stater". En Icollector.comSeidel, M.; Schulz, R. (1998). Páxina 370.Faucher, T.; Fischer-Bossert, W.; Dhennin, S. (2012). Estetero pequeno, cun peso de arredor de 2,56 gramos e un diámetro de 14 a 15 milímetros, coa probable representación dunha gacela saltando. Atribúeselle a Nectanebo II, aínda que tal atribución non está confirmada.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Estatero Moeda tolemaica Moeda do reino do Ponto Moeda da Antiga Grecia

Bibliografía

Faucher, T.; Fischer-Bossert, W.; Dhennin, S. (2012). "Les monnaies en or aux types hiéroglyphiques nwb nfr". En Boulletin de l'institut Français d'Archéologie Orientale. Tomo 112. O Cairo. Páxinas 147-169. Gölitzer, E. (2004). Entstehung und Entwicklung des alexandrinischen Münzwesens von 30 v. Chr. bis zum Ende der julisch-claudischen Dynastie. Gruyter Akademie Forschung. Berlín. ISBN 978-3050040899 Muhs, B. (2016). The Ancient Egyptian Economy. 3000 - 30 BCE. Cambridge University Press. ISBN 9781107113367 Noel Mark Noël. (2019). Currencies and Cultures. The Impact of Culture on Economic Policies and the Foundations of Money. Cambridge Scholars Pub. ISBN 9781527526495 Seidel, M.; Schulz, R. (1998). Egypt: The World of the Pharaohs. Könemann. Colonia. ISBN 9783895089138 Wetterstrom, K. K. (2014). "The Coinage of Nektanebo II of Egypt (and other Pharaohs)". En Classical Numismatic Review. Vol. 39. Nº 1. Primavera. Classical Numismatic Group. Páxinas 4-5.

Categoría:Moedas da Idade Antiga Categoría:Moedas de ouro Categoría:Moedas fóra de curso Categoría:Moedas de África Categoría:Antigo Exipto Categoría:Moedas da Antiga Grecia