Thomas John Brokaw (|ˈbroʊkɔː|), nado en Webster (Dacota do Sur) o 6 de febreiro de 1940 é un xornalista televisivo e escritor estadounidense. Foi o presentador e editor xefe de NBC Nightly News durante 22 anos (1982–2004). É a única persoa que presentou os tres programas principais de NBC News: The Today Show, NBC Nightly News, e, brevemente, Meet the Press. Continúa a traballar como correspondente especial para NBC News e tamén en documentais.
Xunto cos seus competidores Peter Jennings de ABC News e Dan Rather de CBS News, Brokaw foi un dos "Big Three" ("tres grandes") presentadores dos Estados Unidos durante as décadas de 1980, 1990 e principios de 2000. Os tres presentaron os seus programas bandeira de novas durante máis de vinte anos, e os tres comezaron e retiráronse (ou no caso de Jenning, morreu) cun ano de diferenza.
Brokaw tamén escribiu tamén escribiu varios libro sobre historia e sociedade dos Estados Unidos no século XX. É o autor de The Greatest Generation (1998) e outras obras que recibiron numerosos premios.
Vida persoal Dende 1962, Brokaw está casado coa escritora Lynn Auld. Teñen tres fillas, Jennifer, Andrea e Sarah. Brokaw e a súa esposa pasan moito tempo no seu rancho próximo a Livingston, Montana, que compraron en 1989.
O 6 de setembro de 2012, Brokaw foi hospitalizado tras aparecer no programa de MSNBC Morning Joe. Posteriormente chiou que estaba "todo ben" e explicou a súa doenza por tomar accidentalmente media dose de Ambien pola mañá. Foi diagnosticado con mieloma múltiple en agosto de 2013 na Clínica Mayo. Brokaw e os seus médicos están "moi animados co seu progreso". Continuou a traballar para a NBC durante os seus tratamentos. O 21 de decembro de 2014, Brokaw anunciou que o seu cancro remitira completamente.
En 2018, Brokaw foi acusado de insinuacións sexuais non desexadas por tres mulleres, unha en 1968 e dúas na década de 1990. Brokaw negou as acusacións. En resposta ás acusacións, as súas antigas colegas Rachel Maddow, Andrea Mitchell, Maria Shriver, Kelly O'Donnell e outras 64, asinaron unha carta en que describían a Brokaw como "un home de tremenda decencia e integridade".Orixinal en inglés: "a man of tremendous decency and integrity"
Carreira 1960–1962: Presentador das novas, do tempo e de anuncios de KTIV-TV 1962–1965: Reporteiro de KMTV-TV 1965: Presentador das novas da noite de WSB-TV Dende 1966: NBC News 1966–1972: Correspondente de NBC News West Coast e presentador de KNBC 1973–1976: Correspondente na Casa Branca e presentador dos sábados de NBC Nightly News 1976–1981: Presentador de Today Show 1982–1983: Copresentador de NBC Nightly News 1983–2004: Presentador de NBC Nightly News Dende 2004: Correspondente especial Dende 2004: Presentador contribuínte 2008: Moderador de Meet the Press
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Booknotes interview with Brokaw on The Greatest Generation, 7 de marzo de 1999 In Depth interview with Brokaw, 6 de maio de 2012 Greatest Generation online ebook read by Tom Brokaw (2 chapters) , transcript
Categoría:Nados en Dacota do Sur Categoría:Nados en 1940 Categoría:Xornalistas dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores en lingua inglesa