200px|miniatura|Federico Fellini, director do filme gañador. Os seguintes 12 filmes, todos eles de países diferentes, foron propostos na 30ª edición dos Óscar para o premio de mellor filme en lingua non inglesa. Os títulos salientados en azul e verde son os cinco filmes nomeados, en representación de Francia, India, Italia, Noruega e Alemaña Occidental. Italia gañou o premio co filme de Federico Fellini Le notti di Cabiria, un drama sobre unha prostituta de Roma que busca en van o amor verdadeiro.

O documental mexicano Torero!, non conseguiu obter un nomeamento nesta categoría pero si foi nomeado na de mellor documental.

A dinamarquesa Annelise Hovmand converteuse na primeira muller directora cun filme proposto nesta categoría.

Propostas País Título Lingua(s) Director(es) Resultado Nachts, wenn der Teufel kam Alemán Robert Siodmak Ingen tid til kærtegn Dinamarqués Annelise Hovmand Calle Mayor Castelán Juan Antonio Bardem Porte des Lilas Francés René Clair I limni ton pothon Grego Giorgos Zervos Mother India Hindi Mehboob Khan Le notti di Cabiria Italiano Federico Fellini Torero! Castelán Carlos Velo Ni Liv Noruegués Arne Skouen Det sjunde inseglet Sueco Ingmar Bergman Amina Mandarín Yuan Congmei Arakure Xaponés Mikio Naruse

Notas

30