Heriberto ou Herberto I de Vermandois, nado ao redor do 850 e finado entre 900 e 907, foi señor de Péronne e de Saint-Quentin, conde de Soissons, conde de Vermandois e Meaux de 896 ata a súa morte. Era fillo de Pipino e polo tanto neto de Bernaldo, rei de Italia.

Traxectoria Aparece no 877 na corte do rei Carlos II o Calvo e é citado en 889 como fiel do rei Eudes ou Odon I. En 896 converteuse no conde de Vermandois, sucedendo ao nibelúnxida Teodorico, que probabelmente era o seu avó materno. Nos anos seguintes, herdou varios condados (Soissons, Meaux e Vexin), propiedade doutros Nibelunxidas. Este conxunto formou unha marca militar creada no 890 para loitar contra os normandos. Suponse que morreu en 902, asasinado por orde de Balduíno II de Flandres.

A súa esposa é descoñecida. Estudos recentes suxiren que se chamaba Leutgarda e que sería filla do conde de Troyes Adalelmo. Tiveron a:

Herberto ou Heriberto II (880-943), conde de Vermandois, Meaux e Soissons. Beatriz, casada arredor de 895 con Roberto I, rei de Francia († 923). Cunegunda, casada arredor de 915 con Odón I, conde de Wetterau.

Véxase tamén Bibliografía Christian Settipani, La Préhistoire des Capétiens (Nouvelle histoire généalogique de la maison d'auguste de France, vol. 1), ed. Patrick van Kerrebrouck, 1993 ().

Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Nados no século IX Categoría:Finados no século X Categoría:Condes de Vermandois Categoría:Condes de Soissons Categoría:Condes de Meaux Categoría:Condes de Vexin