Para outros artigos de entidades numismáticas coa palabra "gabinete", véxanse as páxinas de homónimos Gabinete, e Gabinete de Medallas e Gabinete numismático.

O Gabinete Numismático de Berlín (en alemán: Münzkabinett Berlin) é un museo numismático da cidade alemá de Berlín e que forma parte da rede Museos Estatais de Berlín (Staatliche Museen zu Berlin). A súa sede está no Museo Bode.Weisser, B. (2004).

Historia

Orixes: séculos XVI e XVII As orixes da colección remóntanse ao gabinete de curiosidades e cámara de arte dos electores de Brandeburgo, cuxas primeiras mostras de estar a crear unha colección datan dos anos 1535 e 1571. O inventario máis antigo da colección de moedas produciuse en 1649 e consistía en arredor de 5.000 moedas, principalmente antigas. Os primeiros estudos da colección con carácter académico foron os realizados polo numismático alemán Lorenz Beger entre 1685 e 1705."Das Münzkabinett von den Anfägen bis zur Gründung der Königlichen Museen 1830". En Kluge, B. (2004). Páxinas 11-17.

Século XVIII No século XVIII, o desexo de facer pública a colección provocou constantes cambios na súa titularidade entre 1735 e 1815, formando parte primeiro da Biblioteca Real, logo do Gabinete de Moedas, Arte e Antigüidades, despois da Academia de Ciencias e, finalmente, da Universidade de Berlín.

Nas guerras sucedidas en 1745, 1757 e 1806, a colección viuse obrigada a cambiar transitoriamente a súa sede, o que ocasionou a sucesiva perda de pezas en cada unha desas ocasións.

Século XIX miniatura|Altes Museum, sede do Gabinete Numnismático de Berlín de 1830 a 1904 Nos albores do século XIX produciuse a segunda serie de traballos da colección con carácter científico, da man do numismático italiano Domenico Sestini, entre 1804 e 1810.

En 1830 a titularidade da colección foi transferida aos Museos Reais e asignada en concreto ao Altes Museum. Alí estivo exposta ao público e, na década seguinte, foi obxecto dunha profunda reorganización e de exhaustivos estudos académicos."Von der Museumsgründung 1830 bis zur Gründug des Museums Münkabinett 1868". En Kluge, B. (2004). Páxinas 17-19.

A partir de 1868 a colección numismática acadou o status de museo independente dentro dos Museos Reais. Desde ese momento e ata o inicio da I Guerra Mundial, destináronse recursos económicos principalmente para a adquisición de coleccións privadas en toda Europa, co fin de ampliar sistematicamente a colección. A este empeño económico uníronse tamén as moedas procedentes de diversos achados monetarios en territorio prusiano e outras procedentes de doazóns, que enriqueceron os fondos da colección do Gabinete Numismático de Berlín."1868-1884 Die Ära Friedländer". En Kluge, B. (2004). Páxinas 19-21."1884-1897 Alfred von Sallet". En Kluge, B. (2004). Páxinas 21-22."

Séculos XX e XXI En 1904 o Münzkabinett foi transferido ao Museo Bode (daquela chamado Kaiser-Friederich-Museum), que acababa de construírse no extremo norte da chamada Illa dos Museos (Museumsinsel). Para aloxar o Gabinete Numismático cunha distribución cronolóxica creouse unha bóveda de 60 metros de lonxitude nos sotos na ala do edificio que dá á rúa Kupfergraben, que rodea a illa polo lado occidental."Die Einrichtung des Münzkabinett". En Kluge, B. (2004). Páxina 34. O daquela director xeral dos Museos Reais, Richard Schoene, tivo que loitar por esta localización da colección contra a vontade de Wilhelm von Bode, que fundara o museo e que o sucedería como director xeral en 1905."1898-1921 Die Ära Menadier und Dressel ". En Kluge, B. (2004). Páxinas 22-25."

Durante a segunda guerra mundial, como medida de seguridade contra os ataques aéreos, a colección tivo que situarse en lugares máis seguros e unha gran parte dela foi trasladada aos sotos do Museo de Pérgamo en agosto de 1942, comezando cos obxectos expostos e logo cos considerados máis importantes para o estudo, así como a biblioteca. Outros obxectos da colección quedaron en depósito do Museo Kaiser-Friedrich. Deste xeito, a colección pasou a guerra case ilesa. No entanto, durante a ocupación rusa, tanto a colección numismática como a biblioteca foron confiscadas polo Exército Vermello e trasladadas á Unión Soviética."1921-1945". En Kluge, B. (2004). Páxinas 25-26.

En 1958, A Unión Soviética devolveu a Berlín a colección numismática sen perdas notables pero moi desordenada, aínda que non sucedeu o mesmo coa biblioteca. En xaneiro de 1959 os traballos de reorganización permitiron xa a súa exposición aos investigadores nunha sala, situada naquel momento do Berlín Oriental, polo que pertencía aos Museos Estatais (Staatliche Museen) da República Democrática Alemá.Kluge, B. (2004). Páxina 61. Logo da reunificación, a colección pasou a formar parte da Fundación do Patrimonio Cultural Prusiano (Stiftung Preußischer Kulturbesitz) e unicamente se expuxeron ao público algunhas moedas antigas no Museo de Pérgamo."1945-1990 Wiederaufbau und Stagnation". En Kluge, B. (2004). Páxinas 26-30.

A actual exposición dunha parte representativa da colección organizada en catro salas do Museo Bode produciuse a partir dos traballos de renovación completa deste museo en 2004.

miniatura|Bernhard Weisser, director do Gabinete Numismático de Berlín, na súa conferencia Wikipedia trifft Altertum ("Wikipedia atópase coa Antigüidade"). Gotinga, 2011.

Directores "Direktoren und Kustoden". En Kluge, B. (2004). Páxinas 101-106.

Julius Friedländer (1868-1884). Alfred von Sallet (1884-1897). Heinrich Dressel (1898-1919). Julius Menadier (1898-1921). Kurt Regling (1921-1935). Arthur Suhle (1935-1973). Heinz Fengler (1973-1988). Wolfgang Steguweit (1988-1991). Bernd Kluge (1992-2014). Bernhard Weisser (2014-)

Fondos do Gabinete Numismático

miniatura|120x120px|Anverso do Demaretion. Siracusa, ca. 485-478 a. de C. miniatura|121x121px|Medalla co busto de Michelangelo, obra de Leone Leoni. 1561.

A colección do Münzkabinett de Berlín representa, cunha perspectiva cronolóxica e temática, a evolución de diversas formas de diñeiro desde o inicio da moeda no século VII a. de C. en Asia Menor ata o euro. Os seus fondos compóñense de 500.000 pezas orixinais e máis de 300.000 reproducións en xeso de moedas e outros obxectos, así como copias de billetes. De todos este fondos, só se amosa unha pequena parte na exposición permanente na segunda planta do Museo Bode e, ademais, no Museo de Pérgamo mantense a exposición permanente dos 1.500 exemplares máis importantes da moeda da antigüidade. Todas as pezas restantes da colección poden verse cunha cita previa."Die Sammlungen". En Kluge, B. (2004). Páxinas 75-91.

Por outra banda, as pezas tamén están representadas e detalladamente descritas nun catálogo interactivo.

A biblioteca numismática contigua está situada na planta baixa."Die Bibliothek". En Kluge, B. (2004). Páxina 88."Library of the Münzkabinett". Münzkabinett. Staatliche Museen zu Berlin.

Coleccións

Moedas antigas. As moedas da Antigüidade configuran a parte máis grande da colección e abranguen 102.000 moedas da Antiga Grecia e preto de 50.000 moedas romanas. Dentro desta colección hai pezas singulares de sona mundial, como o decadracma grego coñecido como Demaretion, que conmemora a vitoria de Xelón de Siracusa (540-478 a. de C.) sobre os cartaxineses, ou outro decadracma ateniense, peza única, emitido con ocasión da vitoria na batalla de Salamina."Syrakus: Dekadrachme (sog. Demareteion)". Münzkabinett. Staatliche Museen zu Berlin."Athen nach 467 v. Chr.". Münzkabinett. Staatliche Museen zu Berlin."Die antiken Münzen". En schaftsinstitut Kluge, B. (2004)]. Páxinas 75-79. Moedas medievais e modernas. A colección de moeda medieval europea, ata 1500, que inclúe a moeda do Imperio Bizantino, abrangue preto de 66.000 pezas. A colección de moedas modernas, a partir do século XV, componse de 103.000 moedas cuñadas en todo o mundo occidental, ademais de arredor de 30.000 moedas orientais e asiáticas."Die orientalischen (islamischen) Münzenn". En Kluge, B. (2004). Páxinas 79-80. Medallas. Esta colección, cuxo núcleo está composto por medallas renacentistas, abrangue arredor de 32.000 pezas."Die Medaillen". En Kluge, B. (2004). Páxinas 81-82. Outros obxectos. Ademais, a colección conta con 12.000 moedas procedentes de diferentes achados, 95.000 billetes e títulos do Tesouro, 19.000 fichas comerciais e privadas, 7.000 moedas falsas, 3.300 obxectos sixilográficos, 1.000 formas primitivas de diñeiro, 1.000 ponderais e lingotes monetarios, e aproximadamente 20.000 ferramentas e obxectos relacionados coa cuñaxe e a fabricación da moeda (cuños, modelos, moldes etc.).Kluge, B. (2004). Páxinas 83-87.

Catálogo interactivo Desde 2007 está accesible de xeito gratuíto o catálogo interactivo da colección do Gabinete Numismático de Berlín, ao que se incorporan progresivamente os rexistros de imaxe e as descricións detalladas de todas as súas pezas. A principios de 2019 o catálogo interactivo incluía 34.000 moedas e medallas."Münzkabinett Online Catalogue". Münzkabinett. Staatliche Museen zu Berlin.

O Münzkabinett de Berlín participa no proxecto NUMiD, de dixitalización de toda a rede de coleccións numismáticas das universidades de Alemaña, que comezou o 1 de abril de 2017 e que a principios de 2919 abranguía 30 coleccións.Sitio web do Proxecto NUMiD.

O roubo de 2017 O 27 de marzo de 2017 ás 3:30 horas produciuse o roubo dunha singular peza que levaba en préstamo desde 2010 na colección do Gabinete Numismático: unha monumental moeda canadense de ouro puro, con valor facial dun millón de dólares, un peso de 100 quilogramos e un diámetro de 53 cm correspondente á serie Maple Leaf, coñecida como a Big Maple Leaf. Naquel momento, o seu prezo no mercado estaba en torno aos catro millóns de euros. A moeda, cuñada na Real Casa da Moeda do Canadá en 2007, estaba exposta en posición vertical dentro dunha caixa de cristal blindado."Massive $1M gold coin from Canadian Mint stolen in Berlin". En CBC - Radio Canada. 27 de marzo de 2017."Solid gold coin worth $4m stolen from Berlin museum". En BBC. 27 de marzo de 2017.

A peza estivo recollida no Libro Guinness como a moeda de ouro de maior peso e tamaño cuñada ata o momento no mundo."World Record: Guinness recognizes 100-kg gold coin". En Canadian Mining Journal. 24 de outubro de 2007."Massive, Guinness-record-setting 'Big Maple Leaf' gold coin worth millions stolen from German museum". En National Post. 27 de marzo de 2017. Porén, en 2012 este récord pasou a recaer na moeda australiana con valor facial dun millón de dólares e unha tonelada de peso, producida na Casa da Moeda de Perth."The one tonne gold coin ". The Perth Mint. Australia.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Lista de museos numismáticos Casa da Moeda de Berlín Sociedade Numismática de Berlín

Bibliografía

Börner, L.; Ohlsberg, M. Münzkabinett. Italienische Renaissancemedaillen. Berlín. Staatliche Museen Zu Berlin. Börner, L. (1990). Die Sprache der Medaille : Wegleitung zur Ausstellung des Münzkabinetts, Staatliche Museen zu Berlin. Berlín. Münzkabinett. Dressel, H. (1973). Die römischen Medaillone des Münzkabinetts der Staatlichen Museen zu Berlin. Dublin & Zürich. Weidmann. Friedländer, J.; Von Sallet, A. (1873). Das königliche Münzkabinett. Geschichte und Übersicht der Sammlung nebst erklärender Beschreibung der auf Schautischen ausgelegten Auswahl. Berlín. Hans-Dietrich, S. (1997). Antike Muenzen. Bildheft zur Ausstellung des Muenzkabinetts. Staatliche Museen Zu Berlin. ISBN 978-3886092833 Kluge, B. (1984). Brakteaten. Mitteldeutsche Brakteaten aus dem Münzkabinett der staatlichen Museen zu Berlin. Einführungen und Erläuterungen. Prisma-Verl. Zenner und Gürchott. Kluge, B. (2004). Das Münzkabinett - Museum und Wissenschaftsinstitut. Münzkabinett - Staatliche Museen zu Berlin. Berlín. ISBN 978-3886094943 Kluge, B. (2006). Münzen und Medaillen. Die Ausstellung des Münzkabinetts im Bode-Museum. Prestel Verlag. Berlín. ISBN 978-3791337463