Víctor Trabazo Serapio de Figueroa, nado en Meaño o 23 de marzo de 1896 e finado en 1936, foi un mestre e político galego.
Traxectoria Mestre, foi responsable dende 1926 da escola infantil da confraría da Illa de Arousa,El Correo Gallego, 15-12-1926, p. 4. onde foi un dos fundadores do Céltiga Fútbol Club. En 1927 foi destinado á escola de Covas (Montederramo).El Progreso, 12-7-1927, p. 2. Dende 1929 foi mestre na escola de Xil en Meaño. Foi elixido presidente do Centro Republicano de Meaño en febreiro de 1931.El Pueblo Gallego, 27-2-1931, p. 8. Militante do PSOE e da UGT, foi secretario do Centro Socialista de Meaño. Foi militante da Asociación de Traballadores do Ensino de Vigo. Alcalde de Meaño. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse na casa dun amigo da familia na Arousa. Topárono e foi detido. Paseado, o seu cadáver nunca apareceu.
Vida persoal Casou con Casilda Nine Fernández, irmá de Segundo Nine Fernández.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Fajardo, Montse. "A herdanza que nunca roubou o fascismo". Nós, 10-1-2020, p. 26.
Ligazóns externas </ref>
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Meaño Categoría:Nados en 1896
Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos