miniatura|O director Milcho Manchevski presentou tres dos seus filmes ó Óscar ó mellor filme internacional. Macedonia do Norte presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional dende o ano 1994. Os macedonios tamén intentaron sen éxito presentarse no ano 1991, cando o país estaba nun proceso de acadar o recoñecemento internacional como un estado independente. Antes da independencia, os directores macedonios participaron activamente na industria do cinema iugoslavo, e varios filmes feitos por macedonios presentados ó Óscar en nome de Iugoslavia. O derradeiro exemplo disto foi o filme Srećna nova '49. de Stole Popov, do ano 1987.
O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.
Até o ano 2023, dous filmes de Macedonia do Norte, Pred doždot de Milcho Manchevski e Medena zemja de Tamara Kotevska e Ljubomir Stefanov foron nomeados ó Óscar ó mellor filme internacional, mais ningún filme conseguiu finalmente o premio. Outro dos filmes de Mančevski, Senki, foi proposto na 80ª edición dos premios, mais non conseguiu saír nomeado. Os filmes de Ivo Trajkov tamén foron escollidos para representar o país tres veces.
Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Macedonia do Norte para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Ano(Cerimonia) Título Lingua(s) Director(es) Resultado 1994(67ª) Pred doždot Macedonio, albanés, inglés 1997(70ª) Gypsy Magic Macedonio, romanés 1998(71ª) Zbogum na dvaesettiot vek! Macedonio , Aleksandar Popovski 2004(77ª) Golemata Voda Macedonio 2006(79ª) Kontakt Macedonio, alemán 2007(80ª) Senki Macedonio 2008(81ª) Jas sum od Titov Veles Macedonio 2009(82ª) Ocas ještěrky Checo 2010(83ª) Majki Macedonio 2011(84ª) Pankot ne e mrtov Macedonio 2012(85ª) Treto poluvreme Macedonio 2014(87ª) Do balcak Macedonio 2015(88ª) Honey Night Macedonio 2016(89ª) Osloboduvanje na Skopje Macedonio Rade Šerbedžija, Danilo Šerbedžija 2018(91ª) Secret Ingredient Macedonio Gjorce Stavreski 2019(92ª) Medena zemja Macedonio, turco e bosníaco Tamara Kotevska, Ljubomir Stefanov 2020(93ª) Vrba Macedonio Milcho Manchevski 2021(94ª) Sestri Macedonio Dina Duma 2022(95ª) Najsrekjniot Chovek Na Svetot Bosníaco Teona Strugar Mitevska 2023(96ª) Domaḱinstvo za početnici Macedonio, albanés e romaní Goran Stolevski 2025(98ª) The Tale of Silyan Macedonio Tamara Kotevska
Notas
Categoría:Cinema de Macedonia do Norte Macedonia do Norte