Manuel Fraga Fentanes, nado en San Xurxo de Sacos (concello de Cotobade) o 26 de novembro de 1889 e finado no mesmo concello o 11 de agosto de 1936, foi un xastre e agrarista galego.

Traxectoria Emigrou a Arxentina e instalouse en Buenos Aires como xastre. De volta a Galicia, pertenceu á Sociedade de Oficios Varios de San Xurxo de Sacos e foi tesoureiro da Sociedade de agricultores de San Xurxo de Sacos reconvertida en sindicato agrícola en abril de 1936.El Pueblo Gallego, 8-4-1936, p. 2. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 marchou a unha casa-panadería dun amigo en Seixo (Marín) e permanece alí uns días ata que o seu fillo máis novo foi buscalo. Retornou a San Xurxo e foi citado ao cuartel da Garda Civil onde o obrigaron a asinar un papel en branco. A noite do 10 ao 11 de agosto catorce gardas cívicos irromperon na súa casa, rexistrárona na busca do estandarte da Sociedade de Agricultores que non atoparon, e levaron detido a Manuel. Asasinado, despois de escachizalo, botárano por un terraplén de máis de tres metros de altura. O seu cadáver apareceu preto da Ponte da Rocha. Foi soterrado en Tenorio porque non lle permitiron á familia levalo para o cemiterio de San Xurxo. Á súa muller Balbina rápanlle o pelo e prohíbenlle chorar en público. En 1948 permítenlle trasladar os restos de Manuel do cemiterio de Tenorio ao panteón de San Xurxo.

Vida persoal

Casou con Balbina Vilán Quinteiro e tivo tres fillos: Evangelina, Manuel e José Fraga Vilán.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Memoria histórica de Balbina e Manuel

Ligazóns externas Balbina Vilán Quinteiro

Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Cerdedo Cotobade Categoría:Nados en 1889 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos