Perna viridis, coñecido vulgarmente na bibliografía internacional como mexillón verde ou mexillón verde asiático, é unha especie de molusco bivalvo mariño da subclase dos pteriomorfios, orde dos mitílidos, superfamilia dos mitiloideos, familia dos mitílidos e subfamilia dos mitilinos,Perna viridis (Linnaeus, 1758) no WoRMS. Consultada o 7 de xaneiro de 2020 unha das tres que integran o xénero Perna.Perna Philipsson, 1788 no WoRMS. Consultada o 7 de xaneiro de 2020.
É un mexillón orixinario das augas costeiras de Asia e do Pacífico, onde está moi distribuído, e é unha especie invasora noutros lugares do mundo (no Caribe, no Xapón, en Norteamérica e Suramérica), augas ás que chegou a través dos cascos e dos lastres de barcos, e da súa introdución experimental para a mitilicultura.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1758 por Linnaeus na páxina 705 do volume 1 da 10ª edición do seu Systema Naturae, co nome de Mytilus viridis.
Sinónimos Ademais de seu nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos: Chloromya viridis Dodge, 1952 Mytilus opalus Lamarck, 1819 Mytilus smaragdinus Gmelin, 1791 Mytilus viridis Linnaeus, 1758 (protónimo) Mytilus (Chloromya) smaragdinus Jukes-Browne, 1905 Mytilus (Chloromya) viridis Lamy, 1936 Perna viridis Ahmed, 1974
Características miniatura|240px|Acumulación de cunchas de P. viridis no porto de Obando, Bulacan (Filipinas).
O tamaño de Perna viridis oscila entre os 80 e os 100 mm, e pode chegar até os 165 mm. A súa cuncha remata nun pico descendente. O perióstraco é liso é de cor verde escura, tornándose cada vez máis parda cara ao seu punto de unión (umbo), onde é máis claro. Os espécimes máis novos teñen unha cor verde brillante que se vai facendo máis escura a medida que envellece.Florida Caribbean Science Center (15-05-2001): Green mussel, Perna viridis (Linnaeus 1758) Consultada o 7 de xaneiro de 2020..
O interior da cuncha é abracazado cun brillo azul pálido.
Posúe un pé grande é móbil que utiliza para subir verticalmente cando queda cuberto por sedimentos e, como todos os mexillóns ten unha glándula que produce o biso, que lle permite fixarse a substratos sólidos. Consultado o 7 de xaneiro de 2020.
Perna canaliculus e Perna perna (as outras dúas especies do xénero) —propias das augas de Nova Zelandia e África, respectivamente—, son similares.
Distribución e hábitat O mexillón verde atópase nas augas costeiras da rexión indo-pacífica, e foi introducido noutras zonas (Caribe, Xapón, Norteamérica e Suramérica), como especie invasora, augas ás que chegou a través dos cascos e dos lastres de barcos, e da súa introdución experimental para a mitilicultura.
Vive en hábitats intermareais e inframareais, e nos estuarios, onde pode alcanzar densidades de até 35 000 individuos por m2 en calquera obxecto mariño mergullado. Aínda que teñen as cunchas cunha coloración verde viva, ás veces están envolvidos por diversos materiais e a miúdo son difíciles de atopar. Viven en augas con temperaturas de entre os 11 e os 32 °C cunha ampla salinidade duns 18-33 ppt. (partes por billón, do inglés trillion, 10-12). Perna viridis medra máis rápido a 2 m baixo a superficie, en alta salinidade e alta concentración de fitoplancton, aínda que pode tolerar unha ampla gama de salinidade e augas turbias.
Bioloxía O mexillón verde ten sexos separados, e a fecundación é externa. Hai moi poucos hermafroditas funcionais (menos do 0,1 %). O desenvolvemento sexual deste mexillón é afectado pola temperatura. A reprodución prodúcese ordinariamente dúas veces ao ano, entre principios da primavera e finais do outono; porén, en Filipinas e Tailandia pode ocorrer durante todo o ano. O cigoto transfórmase nunha larva 7 ou 8 horas despois da fecundación. As larvas permanecen na columna de auga durante 10 ou 12 días antes de sufrir a metamorfose que as transforma en xuvenís que xa se adhiren a un substrato sólido.
Os xuvenís alcanzan a madurez sexual cando miden entre 15–30 mm de lonxitude, un tamaño que se alcanza aos 2-3 meses. O crecemento está influído pola dispoñibilidade de alimentos, a temperatura, o movemento das augas, a idade do mexillón e as gaiolas, no caso dos cultivados. O cultivo en gaiolas pode evitar a entrada de depredadores e percebes, o que fai aumentar a súa comercialización, pero diminúe a taxa de crecemento dos mexillóns.
Os adultos poden vivir até 2 ou 3 anos. Debido ao seu rápido crecemento, pode superar a outros organismos contaminantes e provocar cambios nas relacións ecolóxicas mariñas.
Importancia para os humanos Perna viridis apáñase na rexión indo-pacífica como fonte de alimento debido ao seu rápido crecemento. Porén, pode albergar unha toxina mortal procedente de dinoflaxelados dos que se alimenta. Pero tamén se pode usar como indicador da contaminación causada por metais pesados, organoclorados e produtos petrolíferos. Os mexillóns que se achan en zonas contaminadas teñen as membranas lisosómicas lábiles debido ao estrés inducido polos metais.
Este mexillón, ao igual que Perna perna, pode obstruír canos de auga e equipos mariños dos complexos industriais. Obstruíu os túneles dos condensadores de entrada de centrais eléctricas na India e en Florida, e boias de navegación marítima na China, onde a súa biomasa creceu até os 72 kg/m2. A cloración dos tubos e o emprego de auga a alta velocidade demostrou eliminar ou diminuír a poboación de P. viridis. Porén, este mexillón excreta amoníaco, que reacciona co cloro para formar cloramina, NH2Cl, un desinfectante máis débil que o cloro. O amoníaco tamén pode acelerar a corrosión das aliaxes a base de cobre que se atopan nos tubos de auga. O tratamento térmico tamén está a ser consideradoa como unha alternativa para a cloración, debido a problemas de seguridade e ambientais por ese métrodo.
Como especie invasora, este molusco considérase como unha ameaza para a pesca e o cultivos das ostras en varias nacións onde foi introducido. Tamén pode desprazar aos mexillóns autóctonos, introducindo parasitos e enfermidades.
O mexillón verde é comestíbel e úsase amplamente en varias cociñas asiáticas.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Bieler, R., Carter J. G. & Coan E .V. (2010): "Classification of Bivalve families". En: Bouchet P. & Rocroi J.-P. (2010): "Nomenclator of Bivalve Families". Malacologia 52 (2): 1-184. Bieler, R.; Mikkelsen, P. M.; Collins, T. M.; Glover, E. A.; González, V. L.; Graf, D. L.; Harper, E. M.; Healy, J.; Kawauchi, G. Y.; Sharma, P. P.; Staubach, S.; Strong, E. E.; Taylor, J. D.; Tëmkin, I.; Zardus, J. D.; Clark, S.; Guzmán, A.; McIntyre, E.; Sharp, P. & Giribet, G. (2014): "Investigating the Bivalve Tree of Life – an exemplar-based approach combining molecular and novel morphological characters". Invertebrate Systematics 28 (1): 32-115. Gosling, E. M. (2003): Bivalve Molluscs. Biology, Ecology and Culture PDF. Oxford, UK: EnglandFishing News Books (Blackwell Publishing). ISBN 0-8523-8234-0. Linnaeus, C. (1758): Systema Naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Editio decima, reformata, vol. 1. Laurentius Salvius: Holmiae. Ojasti, Juhani, González Jiménez, Eduardo, Szeplaki Otahola, Eduardo & García Román, Luis B. (2001): Informe sobre las especies exóticas en Venezuela. Ministerio del Ambiente y de los Recursos Naturales. ISBN 98-0041-254-9. Pérez, Julio E.; Alfonsi, Carmen; Salazar, Sinatra K.; Macsotay, Oliver; Barrios, Jorge & Martínez Escarbassiere, Rafael (2007): "Especies marinas exóticas y criptogénicas en las costas de Venezuela". Boletín del Instituto Oceanográfico de Venezuela 46 (1): 79–96. Rylander, K.; J. E. Pérez}} & J. A. Gómez (1996): "Status of the green mussel, Perna viridis (Linnaeus, 1758) (Mollusca: Mytilidae) in North-eastern Venezuela. Caribbean Marine Studies 5: 86–87. Siddall S. E. (1980): "A clarification of the genus Perna". Bulletin of Marine Science 30: 858-870.
Outros artigos Bivalvos Pteriomorfios Mitílidos Perna
Ligazóns externas Artigos sobre Perna viridis en Biodiversity Heritage Library (BHL).
Categoría:Mitílidos