Paul Bert Elvstrøm, nado en Hellerup o 25 de febreiro de 1928 e finado na mesma cidade o 7 de decembro de 2016 foi un regatista dinamarqués. Gañou catro medallas de ouro olímpicas e trece títulos mundiaisPaul Elvstrom en clases que incluíron Snipe, Soling, Star, Flying Dutchman e Finn.

Traxectoria Elvstrøm competiu en oito Xogos Olímpicos entre 1948 e 1988, sendo unha das únicas seis persoas (as outras son o regatista Ben Ainslie, o nadador Michael Phelps, o loitador Kaori Icho e os atletas Carl Lewis e Al Oerter) en gañar catro medallas de ouro individuais consecutivas (1948–60), primeiro en Firefly e posteriormente en Finn. Nos seus últimos dous xogos navegou en clase Tornado Catamaran, que nese tempo adoitaba ser dirixido por dous mozos, coa súa filla Trine Elvstrøm.

É un dos catro deportistas que participou nos Xogos Olímpicos ao longo de corenta anos, co esgrimista Ivan Joseph Martin Osiier e os regatistas Magnus Konow e Durward Knowles.

Elvstrøm tamén destacou como desenvolvedor de velas e equipamento náutico. Unha das súas innovacións de máis éxito foi un novo tipo de autobaldeador. O deseño aínda continúa a producirse pola marca Andersen e foi amplamente copiado. Foi ademais un innovador das técnicas de navegación. Por exemplo, empregou a técnica da prancha mediante estribos nun grao maior do que se facía anteriormente e tamén popularizou a técnica do burro.

Fundou unha compañía de fabricación de produtos como mastros, botavaras e velas. Tamén foi importante no desenvolvemento de varias regras internacionais das regatas.

Entre os conceptos innovadores que levou ás regatas foi o concepto de portas en lugar dunha única marca a barlovento ou a sotavento nas probas longas. A porta de sotavento nunha carreira barlovento-sotavento aínda é de uso común. A porta de barlovento é menos empregada debido ás dificultades en organizar a prioridade arredor da porta dereita, sutilezas coñecidas por moitos regatistas.

En 1996, Elvstrøm foi escollido "Deportista Dinamarqués do Século".

En 2007, Elvstrøm estivo entre os primeiro seis incluídos no ISAF Sailing Hall of Fame. Faleceu o 7 de decembro de 2016 aos 88 anos, tras loitar varios anos contra o alzhéimer.

Resultados Ano Competición Lugar Posición Clase Notas 1948 Xogos Olímpicos Torbay 1.º Firefly 1952 Xogos Olímpicos Helsinqui 1.º Finn 1956 Campionato do mundo de Finn Burnham-on-Crouch 2.º Finn Xogos Olímpicos Melbourne 1.º Finn 1957 Campionato do mundo de 505 La Baule-Escoublac 1.º 505 1958 Campionato do mundo de 505 La Baule-Escoublac 1.º 505 Campionato do mundo de Finn Zeebrugge 1.º Finn 1959 Campionato do mundo de Finn Copenhague 1.º Finn Campionato do mundo de Snipe Porto Alegre 1.º Snipe 1960 Xogos Olímpicos Nápoles 1.º Finn 1962 Campionato do mundo de Flying Dutchman St. Petersburg 1.º Flying Dutchman 1966 Campionato do mundo de 5.5 Metre Copenhague 1.º 5.5 metres Campionato do mundo de Star Kiel 1.º Star 1967 Campionato do mundo de Star Copenhague 1.º Star 1969 Campionato do mundo de Soling Copenhague 1.º Soling Campionato do mundo de Star San Diego 2.º Star 1971 Campionato do mundo de Soling Nova York 3.º Soling 1972 Half Ton Cup / Campionato do mundo Mastrand 1.º Half Tonhttps://sailboatdata.com/sailboat/bes-12-ton 1974 Campionato do mundo de Soling Sydney 1.º Soling 1985 Campionato do mundo de Tornado Travemünde 3.º Tornado

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Elvstrom, Paul. Expert Dinghy and Keelboat Racing, 1967, Times Books, Elvstrom, Paul. Elvström Speaks on Yacht Racing, 1970, One-Design & Offshore Yachtsman Magazine, Elvstrom, Paul. Elvström Speaks -- to His Sailing Friends on His Life and Racing Career, 1970, Nautical Publishing Company, Paul Elvström Explains the Yacht Racing Rules, First edition 1969, title updated to Paul Elvstrom Explains the Racing Rules of Sailing: 2005–2008 Rules. Updated four-yearly in accordance with racing rules revisions, various authors and publishers.

Categoría:Nados en Gentofte Categoría:Nados en 1928 Categoría:Finados en 2016 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1948 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1952 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1956 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1960 Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Dinamarca Categoría:Medallistas olímpicos en vela Categoría:Regatistas olímpicos de Dinamarca Categoría:Regatistas nos Xogos Olímpicos de 1948 Categoría:Regatistas nos Xogos Olímpicos de 1952 Categoría:Regatistas nos Xogos Olímpicos de 1956 Categoría:Regatistas nos Xogos Olímpicos de 1960 Categoría:Regatistas nos Xogos Olímpicos de 1968 Categoría:Regatistas nos Xogos Olímpicos de 1972 Categoría:Regatistas nos Xogos Olímpicos de 1984 Categoría:Regatistas nos Xogos Olímpicos de 1988