Luís Manuel Liz Marzán, nado en Lugo o 20 de decembro de 1965, é un químico galego especializado na síntese de nanomateriais con propiedades ópticas especiais e as súas aplicacións en biomedicina.

Traxectoria Licenciouse en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela en 1988 e na mesma universidade obtivo un doutoramento en 1992, tras realizar unha tese de doutoramento titulada “Microemulsiones. Un novo medio de reacción para a síntese de partículas magnéticas ultrafinas”, baixo a dirección de M. Arturo López Quintela. Tras dous anos de investigación postdoutoral na Universidade de Utrecht (Países Baixos) regresou a España en 1995, facendo carreira na Universidade de Vigo, onde obtivo unha cátedra de Química Física en 2006.

En 2012 trasladouse a Donostia-San Sebastián, como Profesor de Investigación Ikerbasque e Director Científico do Centro de Investigación Cooperativa en Biomateriais, CIC biomaGUNE. Durante breves períodos foi profesor visitante en diversas institucións de todo o mundo, como Tohoku University (Xapón), Universidade de Míchigan (Estados Unidos de América), The University of Melbourne (Australia), Universität Hamburg (Alemaña), Max Planck Institute of Colloids and Interfaces (Alemaña), King Saud University (Arabia Saudita), École Normale Supérieure Paris-Saclay (Francia), Jiangnan University (China) e Collège de France.

Investigación As principais liñas de investigación de Luís Liz Marzán son: Síntese, caracterización e modelización de nanopartículas e materiais de interese en nanomedicina e outras nanotecnoloxías: Nanomateriais plasmónicos. Procesado de nanopartículas en forma de monocapas e multicapas autoensambladas, agregados coloidais etc. Aplicacións de espectroscopia Raman amplificada en superficies (SERS) para detección e diagnóstico.

Proxectos Destacados 2011 - Advanced Grant do European Research Council para o proxecto Development of plasmonic quorum sensors for understanding bacterial- eukaryotic cell relations 2018 - Obtención de Advanced Grant do European Research Council para o proxecto Four-Dimensional Monitoring of Tumour Growth by Surface Enhanced Raman Scattering

Premios e recoñecementos Académico Correspondente da Real Academia Galega de Ciencias Académico Electo da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales Académico Correspondente da Academia de Ciencias Matemáticas, Físico-Químicas e Naturais de Granada Membro de Academia Europaea Membro de European Academy of Sciences Fellow de Optical Society of America Fellow de Royal Society of Chemistry "Hermanos Elhuyar - Hans Goldschmidt" Award (German Chemical Society, GDCh) (2019) Premio Nacional de Investigación "Enrique Moles" en Ciencia e Tecnoloxía Químicas (2018) Blaise Pascal Medal in Materials Science (European Academy of Sciences) (2017) JCIS- Darsh Wasan Award in Colloid and Interface Science (Elsevier)(2017).JCIS- Darsh Wasan Award Premio Rey Jaime I en Investigación Básica (2015) Medalla da Real Sociedade Española de Química (2014) ECIS RhodiaPrize (EuropeanColloid and Interface Society) (2013)EuropeanColloid and Interface Society Langmuir Lecturer Award (American Chemical Society] (2012) ACS Nano Lectureship Award(American Chemical Society) (2012) Premio de Investigación Burdinola (2011)Burdinola Premio DuPont da Ciencia (2010) Humboldt Award (Fundación Alexander von Humboldt) (2009)Fundación Alexander von Humboldt Premio de Química Física de la Real Sociedad Española de Química (2009) Homenaxeado no día da Ciencia en Galego en 2019.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web do grupo de investigación dirixido por Luís Liz Marzán Web da ciencia en galego: Videoconferencia de Liz Marzán Ficha na Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales Cuatro científicos gallegos, entre los más citados del mundo

Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1965 Categoría:Químicos de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores do Collège de France Categoría:Catedráticos da Universidade de Vigo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Membros da Academia Europaea