Isto é unha lista sobre os atentados terroristas que aconteceron no 2020
Atentados por países Aquí recóllense o número total de vítimas (incluíndo os terroristas mortos), número total de terroristas mortos e por último o número total de feridos. O mínimo para aparecer nesta táboa son un total 30 vítimas mortais.
PaísNúm. de mortos totaisTot. de terroristas mortosTot. de feridosTot. de secuestradosTot. terroristas detidos
Na segunda táboa estará o resto dos países. PaísNúm. de mortos totaisTot. de terroristas mortosTot. de feridosTot. de secuestradosTot. terroristas detidos
Atentados por mes Xaneiro 4 de xaneiro : Ataque en Villejuif en xaneiro de 2020. Un ataque con coitelo en Villejuif, localidade que se encontra as aforas de París, deixou 1 morto e 2 feridos. O autor do ataque é un home de 22 anos que responde ao nome de Nathan C. que foi abatido pola policía, causandolle a morte no momento. Nun primeiro momento non se considerou como un ataque relacionado co terrorismo, pero un día máis tarde a Fiscalía Nacional Antiterrorista de Francia asumiu a investigación do ataque, ao encontrar material salafista na mochila que levaba o terrorista durante o ataque.
7 de xaneiro : Un ataque contra unha comisaría na localidade de Dadaab, no condado de Garissa, deixou polo menos 4 civís mortos, entre os cales hai menores de idade, e dous terroristas tamén faleceron durante o asalto. O grupo terrorista que reivindicou o ataque é Al-Shabaab.
9 de xaneiro : Un ataque contra unha base militar na localidade de Chinagodrar pertencente ao exército nixerino, deixou finalmente 31 militares mortos e máis de 80 milicianos tamén mortos, descoñecese o número de feridos. Nun primeiro momento as fontes nixerinas falaban de 89 militares falecidos, pero no último informe coñecido o 10 de xaneiro de 2020 sinalou que o número de vítimas mortais aumentou. Aínda non foi reivindicado por ningún grupo terrorista.
10 de xaneiro : Un ataque suicida contra unha mesquita de Quetta, deixou polo menos 15 vítimas mortais e 19 feridos. Aínda non foi reivindicado por ningún grupo terrorista.
25 de xaneiro : Un ataque dun grupo de homes armados contra un mercado situado na localidade de Silgadji, provincia de Soum, deixou polo menos 39 vítimas mortais. Descoñecese se houbo feridos. Aínda non foi reivindicado por ningún grupo terrorista.
Febreiro 2 de febreiro : Ataque terrorista en Londres en febreiro de 2020. Un ataque con coitelo no barrio de Streatham, ao sur de Londres, deixou 3 civís feridos, un deles en estado grave. O autor do ataque é un home de 20 anos, que responde ao nome de Sudesh Amman, o cal xa fora condenado por delitos relacionados co terrorismo xihadista. O terrorista foi abatido pola policía. Un día despois do ataque foi reivindicado polo Estado Islámico. 9 de febreiro : Un ataque con coche bomba contra un destacamento militar en Timiauín, deixou 1 militar morto, ademais dun terrorista suicida. O autor do ataque é un home que responde ao nome de Omar al Ansari. Mentres o ataque foi reivindicado, un día despois, polo grupo xihadista Estado Islámico. : Un ataque de homes armados, sospeitosos de pertencer ao grupo terrorista Boko Haram, deixou polo menos 30 vítimas mortais e un número descoñecido de secuestrados. Ademais de queimar 18 autobuses. O ataque produciuse na localidade de Auno, pertencente ao estado de Borno. 10 de febreiro : Un ataque cometido por homes armados contra a brigada da Xendarmería na localidade de Diema, deixou polo menos 1 xendarme morto e outros 2 feridos. O ataque aínda non foi reivindicado por ningún grupo terrorista. : Un ataque contra un posto da policía preto da cidade de Ayorou, na rexión de Tillaberi. Deixou polo menos 2 soldados mortos e 1 ferido de gravidade. Os autores do ataque foron homes armados que viaxaban en motocicleta. Aínda non foi reivindicado por ningún grupo terrorista que opera na zona. 11 de febreiro : Un ataque dun terrorista suicida en Cabul, deixou polo menos 6 vítimas mortais e 13 feridas. O goberno afgán culpou aos talibáns de realizar o ataque. Mentres que os talibáns negaron a súa responsabilidade no ataque. : Un ataque con bomba na cidade e capital somalí, Mogadixo, deixou polo menos 5 militares mortos e varios feridos. O ataque foi reivindicado por Al-Shabaab. 16 de febreiro : Un ataque con coche bomba na cidade de Tel Abiad, deixou polo menos 6 vítimas mortais. O atentado non foi reivindicado por ningún grupo terrorista. Aínda que as autoridades turcas culpan as YPG por ter relación co PKK considerada, esta última, como organización terrorista por parte de Turquía. 17 de febreiro : Un ataque contra unha igrexa na localidade de Pansi, na provincia de Yagha, deixou polo menos 24 vítimas mortais e 18 feridas. Aínda non foi reivindicado por ningún grupo terrorista que opera na zona. 19 de febreiro : Atentado terrorista en Hanau en febreiro do 2020. Un dobre tiroteo contra dous bares de shishas ou cachimba produciuse na cidade de Hanau, pertencente ao Estado de Hesse. O primeiro tiroteo produciuse nun bar que se encontraba no centro histórico da dita cidade, deixando polo menos 5 vítimas mortais. O segundo tiroteo produciuse dende un vehículo en marcha, cuxo obxectivo era outro local de shisha localizado no distrito de Kesselstadt. Este segundo tiroteo deixou polo menos 4 vítimas mortais. Máis tarde a policía localizou nun piso preto dos ataques os corpos do autor dos atentados e máis o da súa nai, ambos sen vida. A nai, segundo a policía, foi asasinada. En total o número de vítimas mortais é de 10, se se conta o autor dos atentados sobe a 11, mentres que o número de feridos é de 4, algúns deles encontranse en estado de gravidade. O autor dos ataques foi un home alemán de 43 anos, que responde ao nome de Tobias Rathjen. O motivo do ataque, segundo a policía, está relacionado coa xenofobia e está sendo investigado como terrorismo de extrema dereita. : Un ataque contra un autobús na localidade de Banisa, no condado de Mandera, deixou polo menos 4 vítimas mortais e un número descoñecido de feridos. O autor é o grupo xihadista Al-Shabaab.
Marzo 1 de marzo : Un ataque contra soldados das Forzas Armadas maliano (FAMA) na localidade de Mondoro, deixou polo menos 6 soldados mortos e 10 feridos. Aínda que non foi reivindicado por ningún grupo terrorista, sospéitase de xihadistas. 6 de marzo : Un ataque terrorista en forma de tiroteo na capital afgá Cabul, deixou polo menos 34 vítimas mortais e 58 feridas. Durante o tiroteo produciuse un combate entre os terroristas e policías, que acabaron coa vida de 2 terroristas. O grupo terrorista que reivindicou o ataque foi o Estado Islámico. : Ataque terrorista en Tunes de marzo de 2020. Un ataque de 2 terroristas suicidas, que ían nunha motocicleta contra unha patrulla da policías que se encontraban nun posto de control que se situaba preto da Embaixada dos Estados Unidos en Tunes, deixou 1 policía morto e 5 feridos, incluído un civil. O ataque aínda non foi reivindicado. 9 de marzo : Un ataque contra a base militar de Chétima Wango, preto da cidade de Diffa, na rexión de Diffa deixou polo menos 9 soldados mortos e un número indeterminado de feridos. O grupo terrorista quen reivindicou o ataque é o Estado Islámico da África Occidental ou ISWA.
Abril
Maio 20 de maio : Un ataque armada contra o posto militar Blabrine, situado ao nordeste da localidade de N'guigmi, pertencente a Diffa, deixou polo menos 12 soldados mortos e 10 feridos, ademais de destrución de material militar. Máis tarde militares nixerinos mataron a 7 terroristas, como resposta ao ataque. O grupo que perpetrou o ataque foi, segundo as fontes do goberno de Níxer, Boko Haram.
Xuño 20 de xuño : Ataque con coitelo en Reading de 2020. Un ataque con coitelo na cidade de Reading, Inglaterra, deixou 3 vítimas mortais e 3 feridos. O atacante é un home de 25 anos, solicitante de asilo libio, responde ao nome de Gairi Saadallah. A policía xa detivo o autor do ataque pero descoñece o motivo do ataque, pero si sabe que é de carácter islamista. 23 de xuño : Un atentado suicida contra unha base militar, na que Turquía adestra as forzas armadas somalís, en Mogadixo, deixou polo menos 2 militares mortos e 1 ferido grave. O grupo terrorista que reivindicou o ataque foi Al Shabaab.
Xullo 18 de xullo : Unha emboscada contra o exército colombiano en Tibú, deixou polo menos 2 soldados mortos e 8 feridos. O responsable do ataque é o ELN.
Agosto 16 de agosto : U ataque con coche bomba e unha toma dun hotel da capital somalí, Mogadixo, deixou polo menos 15 vítimas mortais e 35 feridas. O ataque foi perpretrado polo grupo terrorista Al-Shabaab.
Setembro
Outubro 16 de outubro : Asasinato de Samuel Paty: Un profesor de nacionalidade francesa, de 47 anos, que respodía ao nome de Samuel Paty foi asasinado na localidade francesa de Éragny. O motivo do ataque parece ser de natureza islamista. O asasinato cometeuse debido ao ensinar caricaturas do profeta Mahoma, durante unha clase de educación para a cidadanía e a liberdade de expresión. Por mostrar estas caricaturas, feitas pola revista satírica francesa Charlie Hebdo, foi ameazado a través das redes sociais como Facebook. O perpretador do ataque foi un home checheno, que xa foi abatido pola policía.
Novembro 2 de novembro : Ataques de Viena en novembro de 2020. Un serie de ataques en Viena, deixou un total de 5 vítimas mortais (4 civís e 1 terrorista abatido) e 22 feridos. Un dos perpetradores era un home de 20 anos, de nacionalidade austríaca e con orixe en Macedonia do Norte, simpatizante do Estado Islámico. Uns días máis tarde, o Estado Islámico reivindicou os ataques.
10 de novembro : Un ataque con bomba na cidade de Dhusamareb, deixou polo menos 2 militares mortos e outros 3 feridos. O ataque aínda non foi reivindicado por ningún grupo terrorista.
Véxase tamén Lista de atentados terroristas en 2019 Lista de atentados terroristas en 2021
Notas
Categoría:2020 2020 Categoría:Listas de historia