Colleen Atwood, nada en Yakima (Washington) o 25 de setembro de 1948, é unha deseñadora de vestiario estadounidense.
Atwood foi candidata ao Óscar ao mellor deseño de vestiario en doce ocasións, e gañouno polos filmes Chicago (2002), Memorias dunha gueixa (2005), Alice in Wonderland (2010) e Animais fantásticos e onde atopalos (2016). Colaborou varias veces cos directores Tim Burton, Rob Marshall e Jonathan Demme.
Traxectoria Primeiros anos e estudos Atwood naceu en Yakima, Washington, e estudou pintura no Cornish College of the Arts de Seattle a principios da década de 1970. Posteriormente traballou en varios lugares, como na tenda de Yves St. Laurent nos almacéns Frederick & Nelson da cidade.
Carreira Atwood comezou a súa carriera como conselleira de moda en Washington a principios da década de 1970. Mudouse a Nova York en 1980, onde estudou na Universidade de Nova York. A súa carreira no cinema comezou tras un encontro casual co fillo dunha das deseñadoras dos decorados do filme Ragtime, tralo que obtivo o traballo de axudante de produción nese filme. Traballou como axudante de deseño de vestiario e finalmente logrou o seu primeiro traballo en A Little Sex, dirixido por Bruce Paltrow.
Atwood entrou no mundo do deseño de vestiario para teatro e cinema, acadando a fama polo seu traballo na xira mundial Bring on the Night de Sting, da que se realizou un documental homónimo. Un punto importante na súa carreira chegou cando, a través do deseñador de produción Bo Welch, con quen traballara en Joe Versus the Volcano, coñeceu o director Tim Burton. Atwood e Burton traballaron xuntos en sete filmes nos seguintes anos, a partir de Edward Scissorhands. Mudouse aos Ánxeles en 1990.
Atwood involucrouse parcialmente no desenvolvemento o foi a deseñadora xefa en máis de cincuenta filmes. Tamén foi a deseñadora de todos os traxes novos para Ringling Bros. e Barnum & Bailey Circus en 2005-2006 e dos uniformes de The Black Parade para o grupo My Chemical Romance, ademais do vestiario do seu seguinte álbum, Danger Days: The True Lives of the Fabulous Killjoys. Tamén traballa na televisión, como nas series Arrow, The Flash, e Supergirl.
Os deseñadores de moda favoritos de Atwood inclúen Azzedine Alaia, Yohji Yamamoto e Alexander McQueen.
Filmografía Cinema Ano Título Director 1984 Firstborn Michael Apted 1985 Bring on the Night 1986 Manhunter Michael Mann 1987 Critical Condition Michael Apted The Pick-up Artist James Toback Someone to Watch Over Me Ridley Scott 1988 For Keeps John G. Avildsen Casada con todos Jonathan Demme Fresh Horses David Anspaugh Torch Song Trilogy Paul Bogart 1989 Hider in the House Matthew Patrick 1990 The Handmaid's Tale Volker Schlöndorff Joe Versus the Volcano John Patrick Shanley Edward Scissorhands Tim Burton 1991 O silencio dos cordeiros Jonathan Demme Rush Lili Fini Zanuck 1992 Lorenzo's Oil George Miller 1993 Born Yesterday Luis Mandoki Filadelfia Jonathan Demme 1994 Cabin Boy Adam Resnick Wyatt Earp Lawrence Kasdan Ed Wood Tim Burton Little Women Gillian Armstrong 1995 The Grotesque John-Paul Davidson 1996 The Juror Brian Gibson That Thing You Do! Tom Hanks Head Above Water Jim Wilson Mars Attacks! Tim Burton 1997 Buddy Caroline Thompson Gattaca Andrew Niccol 1998 Fallen Gregory Hoblit Beloved Jonathan Demme Mumford Lawrence Kasdan 1999 Sleepy Hollow Tim Burton 2001 Golden Dreams Agnieszka Holland The Mexican Gore Verbinski Planet of the Apes Tim Burton 2002 CinéMagique Jerry Rees Chicago Rob Marshall 2003 Big Fish Tim Burton 2004 Unha serie de sucesos desafortunados, de Lemony Snicket Brad Silberling 2005 Memorias dunha gueixa Rob Marshall 2006 Mission: Impossible III J. J. Abrams 2007 Sweeney Todd, o barbeiro diabólico de Fleet Street Tim Burton 2009 NineRob Marshall2010 Alice in WonderlandTim Burton2010 The Tourist Florian Henckel von Donnersmarck 2011 The Rum Diary Bruce Robinson In Time Andrew Niccol 2012 Sombras tenebrosas Tim Burton Snow White and the Huntsman Rupert Sanders 2014 Big Eyes Tim Burton Into the Woods Rob Marshall 2016 The Huntsman: Winter's War Cedric Nicolas-Troyan Alice Through the Looking Glass James Bobin Miss Peregrine's Home for Peculiar Children Tim Burton Animais fantásticos e onde atopalos David Yates 2018 Tomb Raider Roar Uthaug Fantastic Beasts: The Crimes of Grindelwald David Yates 2019 Dumbo Tim Burton Lady and the Tramp Charlie Bean O escándalo Jay Roach TBAThe Little Mermaid Rob Marshall
Televisión Arrow (2012) The Flash (2014) Supergirl (2015) The Tick (2017)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Palm Springs Life, xaneiro de 2004 Council of Fashion Designers of America
Categoría:Nados en Washington Categoría:Nados en 1948 Categoría:Deseñadores de moda dos Estados Unidos de América Categoría:Personalidades do cinema dos Estados Unidos de América