Emilio Grandío Seoane, nado na Coruña en 1967, é un historiador, profesor e escritor galego.
Traxectoria É profesor titular de Historia Contemporánea e de América na Universidade de Santiago de Compostela, na que se doutorou en 1995 coa tese La CEDA en Galicia (1931-1936), dirixida por Xosé Ramón Barreiro Fernández. Fixo estudos sobre a Segunda República e o franquismo; tamén sobre a intervención exterior na Península Ibérica despois da segunda guerra mundial, o nacionalismo e a sociedade civil no século XX, o exilio español no franquismo, o europeísmo e os partidos políticos na Transición. Participou en múltiples proxectos de investigación sobre temas de España e América financiados polo Ministerio de Educación y Ciencia, pola Xunta de Galicia e pola Deputación da Coruña. Coordenou o proxecto (USC, Uvigo, UDC) As vítimas, os nomes, as voces e os lugares, sobre a represión da Guerra Civil. Dirixiu o Grupo de investigación HISPONA da USC (Historia política e dos nacionalismos) e coordinou o Grupo EUCODE, Proyecto Europeo sobre a cultura do fascismo/antifascismo. É membro da Association for Spanish and Portuguese Historical Studies e da Asociación de Historia Contemporánea. Realizou estadías de investigación no Instituto Cañada Blanch da ‘London School of Economics’ (LSE), de Londres, e no Instituto Superior das Ciencias das Técnica e da Empresa (ISCTE), de Lisboa.
É autor de numerosos artigos sobre a Guerra Civil, o franquismo e a transición. Ten asistido como conferenciante a numerosos congresos e coloquios especializados nos anos republicanos e nos movementos sociopolíticos acaecidos nese período.
Publicacións La Coruña en el siglo XX (1994). Ayuntamiento de La Coruña. ISBN 84-86531-87-X.
Los orígenes de la derecha gallega. La CEDA en Galicia (1931-1936) (1998). Ed. do Castro. 380 páxs. ISBN 978-8474929010 Años de Guerra. A Coruña, 1936-1939 (1999). Vía Láctea. 168 páxs. ISBN 978-8489444676. Caciquismo e eleccións na Galiza da II República (1999). A Nosa Terra. 227 páxs. ISBN 978-8489976849. Vixiancia e represión na Galicia da guerra civil: o "Informe Brandariz", (A Coruña, 1937) (2001). Ed. do Castro. ISBN 84-8485-017-X. Política e provincia: a Deputación da Coruña na II República (2002). Tórculo Ed. ISBN 84-8408-208-3. A Segunda República en Galicia. Memoria, mito e historia (2010). Ed. Nigra Trea. 285 páxs. ISBN 978-8495364968. Casares Quiroga. La Forja de un Líder (2011). Ed. Eneida. 272 páxs. ISBN 9788495427281. Vixiados: Represión, investigación e vixilancia na Galiza da Guerra Civil, 1936-1939 (2011). Ed. Laiovento. 271 páxs. ISBN 978-8484872108.
Publicacións colectivas Discursos parlamentarios: (1931-1936) (2006). Ed. do Castro. ISBN 84-8485-246-6. (Edición dos discursos de Santiago Casares Quiroga)
Historia de Ortigueira (2006). Vía Láctea. ISBN 84-89444-55-2 A fuxida do Portiño: Historia, memoria e vítimas (2009). A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-306-7. Las columnas gallegas hacia Oviedo: diario bélico de la Guerra Civil Española (1936-37) (2011). Ed. Nigra Trea. ISBN 978-84-15078-15-9. War Zone. La II Guerra Mundial en el noroeste de la Península Ibérica (2012). Eneida Ed. 342 páxs. ISBN 978-8415458043. War Zone. Represión y clandestinidad política en el noroeste de la Península Ibérica (1945-1953) (2013).
Notas
Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en 1967 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes