A dos pteriomorfios (Pteriomorphia) é unha subclase de moluscos mariños da clase dos bivalvos.Pteriomorphia Beurlen, 1944 no WoRMS.Pteriomorphia Beurlen, 1944 no ITIS.
A sublase comprende importantes ordes, como son as dos Arcida, Limida, Mytilida, Ostreida e Pectinida. Tamén contén algunhas familias extintas e probabelmente basais.
Taxonomía Descrición A subclase foi descrita en 1944 polo xeólogo e paleontólogo alemán Karl Beurlen, na súa obra "Beiträge zur Stammesgeschichte der Muscheln". Mathematisch-Naturwissenschaftlichen Abteilung der Bayerischen Akademie der Wissenschaften zu München, Sitzungsberichte 1944 (1–2): 133–145.
Ordes En 2010, unha proposta dun novo sistema de clasificación dos bivalvos foi publicada por Bieler, Carter & Coan, incluíndo a subclase Pteriomorphia Beurlen, 1944.
De acordo con ela, e segundo o WoRMS, a subclase sundivídese nas seguintes ordes: Arcida Stoliczka, 1871 Limida Moore, 1952 Mytilida Férussac, 1822 Ostreida Férussac, 1822 Pectinida Gray, 1854
Características Os moluscos desta subclase teñen branquias de lamelibranquios, e son epibentónicos. Algúns únense ao substrato mediante un biso. O pé é reducido. As marxes do manto non se fusionan. As branquias adoitan seren grandes e axudan na alimentación.
Este grupo inclúe especies tan coñecidas como os mexillóns, as vieiras e as ostras. Tamén inclúe aos únicos membros da clase dos bivalvos que teñen ollos vestixiais.
Filoxenia O seguinte cladograma está baseado na filoxenia molecular utilizando os marcadores xenéticos mitocondriais (12S, 16S) e nucleares (18S, 28S e H3), segundo un traballo de Yaron Malkowsky e Annette Klussmann-Kolb de 2012.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Bieler, R., Carter J. G. & Coan E .V. (2010): "Classification of Bivalve families". En: Bouchet P. & Rocroi J.-P. (2010): "Nomenclator of Bivalve Families". Malacologia 52 (2): 1-184. Bieler, R.; Mikkelsen, P. M.; Collins, T. M.; Glover, E. A.; González, V. L.; Graf, D. L.; Harper, E. M.; Healy, J.; Kawauchi, G. Y.; Sharma, P. P.; Staubach, S.; Strong, E. E.; Taylor, J. D.; Tëmkin, I.; Zardus, J. D.; Clark, S.; Guzmán, A.; McIntyre, E.; Sharp, P. & Giribet, G. (2014): "Investigating the Bivalve Tree of Life – an exemplar-based approach combining molecular and novel morphological characters". Invertebrate Systematics 28 (1): 32-115. Lemer, Sarah; Vanessa L. González, Rüdiger Bieler & Gonzalo Giribet (2016): "Cementing mussels to oysters in the pteriomorphian tree: a phylogenomic approach". Proceedings of the Royal Society B (Biological Sciences)'' 283''' (1833)
Outros artigos Bivalvos
Ligazóns externas Pteriomorphia Beurlen 1944 na EOL.
Categoría:Bivalvos