Ulrika Spacek é unha banda inglesa de rock alternativo formada no ano 2014 e composta polo cantante e guitarrista Rhys Edwards, o guitarrista Rhys Williams, o guitarrista e teclista Joseph Stone, o baixista Syd Kemp e o batería Callum Brown.
Edwards, Stone e White foran anteriormente membros da banda de Reading Tripwires, tendo Williams xirado co grupo como guitarrista adicional e publicado material co nome de Viscous Liquid.
Historia
Proxectos previos Os amigos da escola Rhys Edwards, Joseph Stone, e Ben White levaban traballando xuntos noutras bandas dende 2002. The Enigma Project foi fundada en Reading ese ano por Edwards, Sam Pillsbury, e George Simpson, uníndose White pouco despois. Simpson foi substituído en 2005 por Joseph Stone. Ficharon por Automator Records e lanzaron o seu sinxelo d estrea, "Astronaut/Microcosm", en xullo de 2005, seguido polo EP Scenes of the 21st Century.
En 2007, The Enigma Project cambiou o seu nome por Tripwires e publicou os sinxelos "Kings & Queens" e "Just So You Know" o seguinte ano. As cancións foron recollidas pola radio nacional e promovidas por figuras como Huw Stephens e Steve Lamacq. O mesmo ano, a banda actuou no escenario BBC Introducing nos festivais de Reading e Leeds. A banda comezou a traballar no seu álbum de estrea, Spacehopper, en agosto de 2010, e estaba previsto o seu lanzamento en abril de 2011 a través do Club AC30. Porén, o álbum foi descartado e a banda marchou do selo. O grupo regravou unha versión distinta do disco en Nova York co produtor Nicolas Vernhes que finalmente foi lanzada en xuño de 2013 por French Kiss Records. Autoeditaron o seu segundo álbum, Watermelancholia, a través de Bandcamp en maio de 2015. O álbum gravouse en Londres e Berlín durante 2013 e 2014.
Formación actual e contrato con Tough Love Records Na primavera de 2014 Edwards comezou a traballar con material novo en Berlín co seu amigo da escola a ás veces guitarrista ao vivo de Tripwires Rhys Williams. Ao regresar a Inglaterra mudáronse a Homerton, East London, onde completaron o álbum nunha casa compartida chamada KEN xunto co batería Callum Brown e os compañeiros de Tripwires Joseph Stone e Ben White. A banda fixo a súa estrea en Londres en maio de 2015. Pouco despois tivo lugar a formación de 'Oysterland', unhas noites auto-organizadas que combinaron as primeiras actuacións en directo da banda cunha serie de exposicións de arte. Publicaron The Album Paranoia en febreiro e iniciaron unha xira polo Reino Unido ese mesmo mes. En setembro de 2016 a banda lanzou o sinxelo "Everything: All The Time".
O grupo editou o seu segundo álbum, Modern English Decoration, en xuño de 2017, precedido polo sinxelo "Mimi Pretend". As primeiras copias do álbum en vinilo lanzáronse cun 7" extra sen listar os seus dous temas. Máis tarde confirmouse que un deles era unha versión dunha canción de Parsley Sounds titulada "Ease Yourself And Glide". Comentando os plans para os próximos lanzamentos, o líder Rhys Edwards afirmou que "Seguramente imos sacar música, aínda que non será un álbum de longa duración. Vemos os nosos dous primeiros álbums como discos de irmáns e pensamos que será bo deixalos un pouco antes de pensar en sacar outro disco".
En novembro de 2022 a banda regresou aos directos cun concerto no Bermondsey Social Club, Londres. Nesa acuación o grupo revelou unha nova formación, co antigo guitarrista de Younghusband Adam Beach substituíndo a Rhys Williams. En marzo de 2023 Ulrika Spacek lanzou o seu terceiro álbum de estudio, Compact Trauma.
Discografía
Álbums ÁlbumAnoSeloThe Album Paranoia2016Tough Love RecordsModern English Decoration2017Tough Love RecordsCompact Trauma2023Tough Love Records
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina da banda
Categoría:Grupos musicais do condado de Berkshire Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de rock psicodélico Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de shoegazing Categoría:Grupos musicais de post-rock Categoría:Grupos musicais formados en 2014