Karl Beurlen, nado o 17 de abril de 1901 en Aalen, Baden-Württemberg, e finado o 27 de decembro de 1985 en Tubinga, foi un xeólogo e paleontólogo alemán.Rieppel, Olivier. (2012): "Karl Beurlen (1901-1985), Nature mysticism, and Aryan Paleontology". Journal of the History of Biology 45: 253-299.

Traxectoria Nacido en Aalen, era fillo dun profesor de ensino primario. Moi cedo mostrou interese polas ciencias naturais. A partir de 1919 estudou xeoloxía na Universidade de Tubinga, acadando o seu doutoramento en 1923,Levit, Georgy S; Olsson, Lennart. (2007): "Evolution on Rails Mechanisms and Levels of Orthogenesis". En Volker Wissemann. Annals of the History and Philosophy of Biology 11/2006. Gotinga: Universitätsverlag Göttingen, pp. 115-119. cunha tese sobre a paleontoloxía das amonitas do xurásico superior, orientado por Edwin Hennig, do que máis tarde sería o seu axudante.

Beurlen foi un defensor da ortoxénese e da evolución saltatoria.Bowden, A. J; Gregory, F. J; Henderson, A. S. (2013): Landmarks in Foraminiferal Micropalaeontology: History and Development. Geological Society. ISBN 978-1-8623-9371-4, p. 230. Usou o termo metaquinese (acuñado por Otto Jaekel) para describir os cambios bruscos de desenvolvemento nos organismos. Tamén inventou o termo palinxénese como mecanismo para a súa teoría ortoxenética da evolución.

Foi axudante de Edwin Hennig.Stindl, Reinhard. (2014): "The telomeric sync model of speciation: species-wide telomere erosion triggers cycles of transposon-mediated genomic rearrangements, which underlie the saltatory appearance of nonadaptive characters". Naturwissenschaften 101: 163-186. En 1925 casou e foi a traballar como docente á Universidade de Königsberg. Do seu matrimonio tivo cinco fillos, dous dos cales foron xeólogos. En 1934 foi profesor e conselleiro administrativo do Instituto Xeopaleontolóxico da Universidade de Kiel. De 1937 a 1945 foi director da División da Ciencia dos Solos (xeoloxía, mineraloxia e xeofísica) do Reichsforschungsrat. En 1941 foi profesor de paleontoloxia e estratigrafía da Universidade de Múnic, onde foi conselleiro administrativo do Instituto de Paleontoloxía, e director do Zoologische Staatssammlung München (Colección Zoolóxica do Estado de Múnic).

Beurlen foi un defensor da ideoloxía nacionalsocialista e escribiu sobre a raza aria. Nas súas obras da década de 1930 era seguidor da teoría que negaba o evolucionismo darwiniano, a teoría da evolución ortoxenética, influída pola ideoloxía nacionalsocialista.

Dimitiu dos seus cargos en Múnic e do Reichsforschungsrat debido ao proceso de desnazificación despois da segunda guerra mundial, e emigrou ao Brasil en 1950, onde traballou como paleontólogo no Instituto Xeolóxico Brasileiro na cidade do Río de Xaneiro. No Brasil traballou no procesamento de fósiles da fauna do supercontinente sur de Gondwana, converténdose en seguidor da, na época aínda fortemente rexeitada, teoría da deriva continental de Alfred Wegener. En 1958 construíu o Instituto Xeopaleontolóxico da recentemente fundada Universidade de Recife. No Brasil describiu en 1962, entre outras, a estratigrafía da Formación Santana, coñecida por diversos fósiles de peixes do período cretáceo na Chapada do Araripe. Por mor das condicións políticas inestábeis do país despois do golpe de 1964, xubilouse en 1969 e retornou a Alemaña. Alí escribiu diversos libros sobre fósiles, que tiveron grande éxito.

Obras Vergleichende Stammesgeschichte: Grundlagen, Methoden, Probleme unter besonderer Berücksichtigung der höheren Krebse. Borntraeger, Berlin 1930 Das Gesetz der Überwindbarkeit des Todes in der Biologie. Franke, Breslau 1933 Erd- und Lebensgeschichte. Eine Einführung in die Historische Geologie. Quelle & Meyer, 1939 Geologie und Paläontologie. Winter, Heidelberg 1943 Urweltleben und Abstammungslehre. Schwab, Stuttgart 1949 Neue Fährtenfunde aus der Fränkischen Trias. In: N. Jb. Geol. Paläont., Mh., Jg. 1950, S. 308–320 Geologie von Brasilien. Borntraeger, Berlin 1970 Die geologische Entwicklung des atlantischen Ozeans. Schweizerbart, Stuttgart 1974 Geologie: Die Geschichte der Erde und des Lebens. 2. Auflage. Franckh, Stuttgart 1975 Welche Versteinerung ist das? Kosmos Naturführer, Franckh, 10. Auflage 1978 Con Horst Gall e Gerhard Schairer: Die Alb und ihre Fossilien. Franckh, Stuttgart, 1978, 2. Aufl. 1981 Versteinerungen. Fossilien der Wirbellosen mit Anhang Wirbeltiere und Pflanzen . Mosaik Verlag, München 1986 Fossilien – Handbuch und Führer für den Sammler. Natur-Verlag, Augsburg 1990

Honras e distincións En 1936 foi elixido membro da Academia Leopoldina. En 1937 foi presidente da Deutsche Gesellschaft für Geowissenschaften e, en 1938, da Paläontologische Gesellschaft. Desde 1941 foi membro da Academia de Ciencias de Baviera. En 1970 recibiu o título de Doutor Honoris Causa da Universidade de Recife. En 1972 recibiu a medalla de ouro da Sociedade Brasileira de Xeoloxía. En 1985 recibiu a medalla de prata da Sociedade Brasileira de Paleontoloxía.

Taxons descritos A Beurlen débense as descricións dos taxons: Cassiopidae Pteriomorphia

Abreviatura A abreviatura Beurlen emprégase para recoñecer a Karl Beurlen como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Ernst Klee (2007): Das Personenlexikon zum Dritten Reich. Frankfurt am Main: Fischer. ISBN 978-3-5961-6048-8. Olivier Rieppel (2012): "Karl Beurlen (1901-1985), Nature Mysticism, and Aryan Paleontology". Journal of the History of Biology 45 (2): 253-299. (Resume). Michael Grüttner (2004): Biographisches Lexikon zur nationalsozialistischen Wissenschaftspolitik (= Studien zur Wissenschafts- und Universitätsgeschichte. Band 6). Heidelberg: Synchron. ISBN 3-9350-2568-8, p 22.

Ligazóns externas Obras de e sobre Karl Beurlen no ''Katalog der Deutschen

Categoría:Científicos de Alemaña Categoría:Paleontólogos de Alemaña Categoría:Xeólogos de Alemaña Categoría:Nados en 1901 Categoría:Nados en Baden-Württemberg Categoría:Finados en 1985 Categoría:Alumnos da Universidade de Tubinga Categoría:Profesores da Universidade de Königsberg Categoría:Profesores da Universidade de Kiel Categoría:Profesores da Universidade de Múnic Categoría:Profesores da Universidade de Recife