Obchod na korze é un filme checoslovacoAndrew James Horton, "Just Who Owns the Shop? — Identity and nationality in Obchod na korze." de 1965 dirixido por Ján Kadár e Elmar Klos. O filme trata sobre o programa de arianización durante a segunda guerra mundial na República Eslovaca.Steven Banovac, "Ján Kadár and Elmar Klos: The Shop on Main Street (Obchod na korze) 1965." Foi financiado polas autoridades centrais checoslovacas (ó igual que tódolos filmes baixo o goberno comunista), producido nos estudios Barrandov de Praga, e a rodaxe realizouse cun elenco eslovaco nas localidades de Sabinov. Está protagonizado por Jozef Kroner como o carpinteiro Tóno Brtko e a actriz polaca Ida Kamińska como a viúva xudía Rozália Lautmannová.Martin Votruba, "Historical and Cultural Background of Slovak Filmmaking."
O filme gañou o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 38ª edición dos premios, e Kamińska foi nomeada un ano despois ó Óscar á mellor actriz.Elizabeth Taylor Wins Best Actress: 1967 Oscars O filme tamén participou no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1965.
Personaxes Ida Kamińska como Rozalie Lautmann Jozef Króner como Antonin Brtko Hana Slivková como Evelyna Brtková Martin Hollý como Imro Kuchar Adám Matejka como Piti Báci Frantisek Zvarík como Marcus Kolkotsky
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes propostos ó mellor filme internacional na 38ª edición dos Óscar Filmes de Checoslovaquia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Ligazóns externas
Ficha en AllMovie
Categoría:Filmes de 1965 Categoría:Filmes en lingua eslovaca Categoría:Filmes da República Checa Categoría:Filmes de Checoslovaquia Categoría:Filmes dirixidos por Ján Kadár Categoría:Óscar ó mellor filme internacional Categoría:Filmes sobre o holocausto Categoría:Filmes sobre a segunda guerra mundial