Ján Kadár, nado en Budapest o 1 de abril de 1918 e finado nos Ánxeles o 1 de xuño de 1979, foi un escritor e director de cinema eslovaco de orixe húngara e ascendencia xudía.
Traxectoria Como director de cinema, traballou en Checoslovaquia, nos Estados Unidos de América e no Canadá. A maioría dos seus filmes foron dirixidos xunto con Elmar Klos. Os dous acadaron a sona polo seu filme Obchod na korze (1965), gañador do Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa. Como profesor do FAMU (Film and TV School of the Academy of Performing Arts) en Praga, Kadár ensinou a moitos directores que fixeron medrar a Nova Onda Checoslovaca da década de 1960.
Filmografía Na troskách vyrastá život (1945) Sú osobne zodpovední za zločiny proti ľudskosti (1946) Sú osobne zodpovední za zradu na národnom povstaní (1946) Katka (1950) Únos (1952) Hudba z Marsu (1954) Dům na konečné (1957) Tři přání (1958) Smrt si říká Engelchen (1963) Obžalovaný (1964) Obchod na korze (1965) Túžba zvaná Anada (1969) The Angel Levine (1970) Lies My Father Told Me (1976) The Case against Milligan (1976) Freedom Road (1979)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1918 Categoría:Nados en Budapest Categoría:Finados en 1979 Categoría:Directores de cinema da República Checa Categoría:Directores de cinema de Eslovaquia Categoría:Directores de cinema de Hungría Categoría:Estadounidenses de ascendencia xudeohúngara