Matterhorn (coñecido como Cervino en italiano; Cervin en francés e Hore ou Horu no dialecto walser) é a quinta montaña máis alta dos Alpes, con 4478 metros. Sitúase na fronteira entre Suíza e Italia, preto da cidade de Zermatt, no cantón de Valais ao nordés e o Val de Aosta ao sur.
É un dos símbolos máis famosos de Suíza, tendo aparecido en varios filmes e pinturas. Tamén inspirou logotipos de empresas internacionalmente coñecidas, como é o caso da marca de chocolate Toblerone ou a compañía cinematográfica Paramount Pictures.
Galería de imaxes
Notas
Categoría:Xeografía de Suíza Categoría:Montañas de Italia