Un homme et une femme é un filme francés de 1966 escrito e dirixido por Claude Lelouch e protagonizado por Anouk Aimée e Jean-Louis Trintignant. Escrito por Lelouch e Pierre Uytterhoeven, o filme conta a historia dunha viúva e un viúvo que se coñecen por casualidade no colexio dos seus fillos e cuxa relación incipiente é complicada por mor das lembranzas das súas parellas mortas. O filme salienta pola súa exuberante fotografía, con frecuentes secuencias entre imaxe en cor, branco e negro e sepia, e pola banda sonora composta por Francis Lai.
Un homme et une femme vendeu un total de 4 272 000 entradas nos cinemas de France e foi o sexto filme con maior recadación dese ano. Nos Estados Unidos, o filme recadou 14 000 000 dólares. O filme gañou varios premios, incluíndo a Palma de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1966, dous Globos de Ouro ó mellor filme en lingua estranxeira e mellor actriz dramática (para Aimée), e dous Premios Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa e mellor guión orixinal. Unha secuela, Un Homme et une Femme, 20 Ans Déjà foi estreada en 1986, seguida por Les Plus Belles Années d'une vie, que se estreou no ano 2019.
Sinopse O piloto de carreiras Jean-Louis Duroc e Anne Gauthier, dous viúvos recentes, encóntranse por casualidade cando visitan os seus respectivos fillos nun internado e iso repítese todas as fins de semana. Un día, Anne perde o tren e Jean-Louis ofrécelle levala de volta a París; acaban converténdose en amigos íntimos e finalmente apaixonados, mais notan que as lembranzas dos cónxuxes falecidos aínda son moi fortes.
Personaxes Anouk Aimée como Anne Gauthier Jean-Louis Trintignant como Jean-Louis Duroc Pierre Barouh como Pierre Gauthier Valérie Lagrange como Valerie Duroc Antoine Sire como Antoine Duroc Souad Amidou como Françoise Gauthier Henri Chemin como copiloto de Jean Louis Yane Barry como amante de Jean Louis Paul Le Person como empregado da gasolineira Simone Paris como amante principal Gerard Sire como comentarista de radio Gérard Larrousse como condutor de rally Jean Collomb como o servidor Clive Roberts como condutor de rally
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes propostos ó mellor filme internacional na 39ª edición dos Óscar Filmes de Francia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1966 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Claude Lelouch Categoría:Filmes gañadores da Palma de Ouro Categoría:Óscar ó mellor filme internacional Categoría:Filmes cuxo guionista gañou o Óscar ó mellor guión orixinal Categoría:Filmes sobre parellas