Marlee Beth Matlin, nada en Morton Grove, Illinois o 24 de agosto de 1965 é unha actriz estadounidense de cinema e televisión. É a única intérprete xorda que gañou un Oscar e a gañadora máis nova do Oscar á mellor actriz.
Traxectoria Matlin perdeu o oído dereito e o 80 % do esquerdo aos dezaoito anos, probablemente por un problema conxénito.
Fixo a súa primeira intervención teatral con sete anos nun grupo infantil, ICODA, cos que continuaría traballando. Alí foi descuberta polo actor Henry Winkler.
Debutou no cinema co papel protagonista de Fillos dun deus menor, que a levou a gañar o Oscar e o Globo de Ouro. A partir dese momento a súa carreira principal foi na televisión, participando en series coma Reasonable Doubts, Picket Fences e The West Wing.
Filmografía AnoTítulo1986Fillos dun deus menor1987Walker1991The Linguini Incident1991Grand Canyon1991L'Homme au masque d'or1993Hear No Evil1996It's My Party1996Snitch1998When Justice Fails1998In Her Defense1999Freak City1999Where The Truth Lies2000Two Shades of Blue2001Askari2004What the Bleep Do We Know!?2006What the Bleep!?: Down the Rabbit Hole2009Silent Knights2012Excision20134Closed
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Entrevista Marlee Matlin en Twitter
Categoría:Actores de Illinois Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Nados no condado de Cook, Illinois Categoría:Nados en 1965 Categoría:Persoas xordas Categoría:Óscar á mellor actriz