La Defensa foi un periódico editado en Viveiro entre 1918 e 1923.
Historia e características Coa lenda "Se reparte gratuitamente", apareceu o 30 de maio de 1918. Comezou sendo semanario e rematou como quincenario. Fundado e dirixido por Jesús Noya González, da redacción encargábase Servando F. Victorio. Editouse primeiro na Imprenta Mancebo de Mondoñedo e na de Fojo, en Ortigueira, despois. Publicaba en galego a sección "Ninguén se queime". Cesou a súa publicación o 3 de novembro de 1923.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Lugo Ligazóns externas
Ínsua, Emilio (13/4/2014). "Algunhas notas sobre o xornal viveirés La Defensa"
Categoría:Prensa escrita de Viveiro Categoría:1918 en Galicia