Patsy Louis Neal, nada en Packard, Kentucky o 20 de xaneiro de 1926 e finada en Edgartown, Massachusetts o 8 de agosto de 2010, foi unha actriz estadounidense de cinema e teatro.

Traxectoria Creceu en Knoxville, Tennessee e estudou drama na Northwestern University, onde gañou tamén un concurso de beleza. O seu primeiro traballo como actriz foi en Broadway.

O seu debut no cinema foi en 1949. Ese mesmo ano protagonizou The Fountainhead, onde coincidiu con Gary Cooper, con quen mantivo un romance. En 1963 interveu en Hud, de Martin Ritt pola que gañou o Oscar á mellor actriz.

En 1951 Neal coñeceu o escritor británico Roald Dahl, co que casou dous anos despois. En 1965, estando embarazada sufriu tres aneurismas e estivo en coma tres semanas. Finalmente deu a luz unha nena sa. O turbulento matrimonio entre Neal e Dahl acabou en 1983.

Finou de cancro en 2010, na súa casa de Martha's Vineyard.

Filmografía Ano Filme 1949The Fountainhead 1950The Breaking Point 1951The Day the Earth Stood Still1957A Face in the Crowd1961Breakfast at Tiffany's1963Hud1965In Harm's Way1968The Subject Was Roses1979The PassageAll Quiet on the Western Front1999Cookie's Fortune2009Flying By

Véxase tamén Ligazóns externas

Patricia Neal en This Is Your Life Patricia Neal en Allmovie Entrevista en TonyAwards.com

Categoría:Actores de Kentucky Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Kentucky Categoría:Nados en 1926 Categoría:Finados en 2010 Categoría:Finados por cancro de pulmón