Jesús Noya González, nado en Santiago de Compostela en 1865 e finado en Viveiro o 25 de xullo de 1943,El Progreso, 27-7-1943, p. 4 foi un escritor e xornalista galego.

Traxectoria Foi profesor no Colexio da Natividade de Viveiro. Dirixiu o periódico El Eco de Vivero dende 1893 e foi desterrado de Viveiro en 1908 por tres anos e medio, instalándose en Mondoñedo. Alcanzou o grao de subdiácono (1909) en Mondoñedo, onde foi profesor de Historia eclesiástica, Patroloxía e Arqueoloxía cristiá no Seminario. Volveu a Viveiro, foi director da Biblioteca municipal e cronista da cidade, e dirixiu La Defensa e Renovación e colaborou en Heraldo de Vivero, La Voz del Pueblo e El Correo Español. Deixou incompleta a serie El Eco. Paseo histórico-artístico pola ciudad de Vivero. Escribiu unha peza teatral en galego, Na boca do lobo (inédita), unha novena do Ecce-Homo e traballos sobre a beata Costanza de Castro.

Parte do seu legado documental podemos atopalo no Arquivo do Museo Provincial de Lugo.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas La obra del primero que ocupó el cargo se centró en la prensa

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1865 Categoría:Finados en 1943 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Cronistas de Viveiro