Marie Dressler, nada en Cobourg, Ontario o 9 de novembro de 1868 e finada en Santa Barbara, California o 28 de xullo de 1934 foi unha actriz de cinema e teatro canadense-estadounidense.

Traxectoria Naceu no Canadá, filla de Alexander Rudolph Koerber, austríaco que fora oficial na Guerra de Crimea e Anna Henderson. Ambos os dous pais eran músicos. Aos catorce anos marchou da casa para traballar como actriz e corista. Debutou en Broadway en 1892, chegando a converterse anos despois nunha estrela de vodevil. En 1902 coñeceu a Mack Sennet, ao que axudaría a conseguir traballo no teatro.

Durante a primeira guerra mundial fixo xiras polos Estados Unidos vendendo bonos de guerra.

O seu primeiro papel importante no cinema chegou en 1914 en Tillie's Punctured Romance, dirixido por Sennett e protagonizado por Charles Chaplin. O filme foi un éxito de público, polo que durante os seguintes anos seguiría facendo comedias. Na folga de actores de 1919 en Nova York a Chorus Equity Association elixiuna como primeira presidenta. A súa belixerancia fíxolle difícil obter traballo durante os anos vinte.

En 1927, a guionista Frances Marion, da Metro-Goldwyn-Mayer, usou a súa influencia para que a contratasen. Un dos primeiros filmes na MGM foi The Callahans and the Murphys. O filme inicialmente foi un éxito, pero as protestas dos irlandeses pola imaxe que daba deles fixo que o filme fose cortado e posiblemente destruído. Finalmente cos seus seguintes filmes recuperaría a sona.

Gañou o Oscar á mellor actriz pola súa interpretación en Min and Bill, con Wallace Beery. Seguiu traballando ata que lle diagnosticaron un cancro terminal, causa do seu pasamento en 1934.

Filmografía Ano Filme 1909 Marie Dressler 1910 Actors' Fund Field Day 1914 Tillie's Punctured Romance 1915 Tillie's Tomato Surprise 1917 Fired 1917 The Scrub Lady 1917 Tillie Wakes Up 1918 The Red Cross Nurse 1918 The Agonies of Agnes 1927 Breakfast at Sunrise 1927 The Joy Girl 1927 The Callahans and the Murphys 1928 Patsy 1928 Bringing Up Father 1929 Voice of Hollywood 1929 The Vagabond Lover 1929 Dangerous Females 1929 Hollywood Revue of 1929 1929 The Divine Lady 1930 The Voice of Hollywood No. 14 1930 Screen Snapshots Series 9, No. 14 1930 The March of Time 1930 Anna Christie 1930 Derelict 1930 Let Us Be Gay 1930 Caught Short 1930 One Romantic Night 1930 The Girl Said No 1930 Chasing Rainbows 1930 Min and Bill 1931 Jackie Cooper's Birthday Party 1931 Politics 1931 Reducing 1932 Prosperity 1932 Emma 1933 Going Hollywood 1933 Cea ás oito 1933 Tugboat Annie 1933 Christopher Bean

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Marie Dressler en Internet Archive

Categoría:Actores do Canadá Categoría:Nados en Ontario Categoría:Nados en 1868 Categoría:Finados en 1934