A dos carcarriniformes (Carcharhiniformes) é unha orde de peixes elasmobranquios selaquimorfos, o dominante na fauna mundial de tiburóns, con ao redor de 270 especies descritas.
Entre elas encóntranse algunhas tan coñecidas como a quenlla, o melgacho, os cazóns, a zapata ou o peixe martelo.
Características Os carcarriniformes presentan unha gran diversidade de formas e tamaños; os típicos teñen o corpo alongado, fusiforme, hidroninámico, e forte. Cabeza grande con fociño alongado. Boca grande, con dentes que varían desde pequenos e afiados ou aplanados, até grandes e en forma de coitelo. Carecen de dentes trituradores inferiores. Nos ollos, a pálpebra inferior constitúe unha membrana nictitante accionada por músculos especiais. Teñen unha aleta anal e dúas aletas dorsais, sen espiñas.
Hábitat Son moi comúns nas augas tropicais, pero tamén se encontran en augas temperadas. A maioría das especies son peláxicas, pero tamén as hai bentónicas (de augas profundas).
Familias A orde dos carcarriniformes comprende nove familias:Carcharhiniformes no WoRMS. Consultado o 31 de marzo de 2022. Carcharhinidae Jordan & Evermann, 1896 Hemigaleidae Hasse, 1878 Leptochariidae Gray, 1851 Pentanchidae Smith, 1912 Proscylliidae Fowler, 1941 Pseudotriakidae Gill, 1893 Scyliorhinidae Gill, 1862 Sphyrnidae Bonaparte, 1840 Triakidae Gray, 1851
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Compagno, Leonard; Marc Dando & Sarah Fowler (2005): Sharks of the World. New Jersey: Princeton University Press. ISBN 0-691-12072-2. Moreno, Juan A. (2004): Guía de los tiburones de aguas ibéricas, Atlántico nororiental y Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 978-84-282-1367-7. Muus, B. J. e P. Dahlström (1971): Guía de los peces de mar del Atlántico y el Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Hoboken, Nova Jersey, USA: John Wiley & Sons. ISBN 0-471-25031-7. Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4. Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8.
Outros artigos Condrictios Tiburóns
Ligazóns externas Carcharhiniformes no ITIS. Consultado o 09/02/2021. Carcharhiniformes na ADW. Consultada o 12/11/2012. Carcharhiniformes no NCBI. Consultado o 12/11/2012. Carcharhiniformes na EOL. Consultada o 31/03/2022.
Categoría:Carcarriniformes