Os tarsos palpebrais (ou láminas tarsais) son dúas grosas follas alongadas de tecido conectivo denso, duns 2,5 cm de longo, que están presentes en cada unha das dúas pálpebras (superior e inferior), ás que contribúen a dar forma e apoio. Os tarsos terminan no bordo da pálpebra. As marxes libres, ou ciliares, destas láminas son grosos e rectos.

O tarso superior, o máis grande, de forma semilunar, ten uns 10 mm de grosor no centro, espesor que se vai reducindo gradualmente cara aos extremos. É adxacente ao músculo tarsal superior. Na súa superficie anterior conecta coa aponeurose do músculo elevador superior da pálpebra.

O tarso inferior, o máis pequeno, é fino, de forma elíptica, e ten un diámetro vertical duns 5 mm.

Categoría:Anatomía Categoría:Ollo