Un banco é unha empresa financeira que encargase de captar recursos en forma de depósitos, prestar diñeiro, así como a prestación de servizos financeiros. A banca, ou o sistema bancario, é o conxunto de entidades ou institucións que, dentro dunha economía determinada, prestan o servizo dun banco. A internacionalización e a globalización promoven a creación dunha banca universal.
O día 4 de decembro celébrase o Día Internacional dos Bancos. A celebración foi instaurada pola Organización das Nacións Unidas (ONU) para recoñecer a función dos bancos na axuda a países para crear escolas, hospitais e na loita contra o cambio climático."Ao servizo dun planeta mellor", en La Voz de Galicia 3.12.2025.
Orixe do termo Banco provén da palabra grega (trá‧pe‧za) que se traduce como banco e significa literalmente “mesa”. Nun contexto financeiro, como por exemplo o traballo dos cambistas, refírese ao mostrador para a transacción de diñeiro.Perspicacia para comprender las Escrituras, volume I.
Clases de banco Segundo a orixe do capital: Bancos públicos: O capital é achegado polo Estado. Bancos privados: O capital é achegado por accionistas particulares. Bancos mixtos: O capital fórmase con achegas privadas e públicas.
Segundo o tipo de operación: Bancos correntes: Son os maioritarios comúns con que opera o público en xeral. As operacións habituais inclúen depósitos en conta, caixa de aforro, préstamos, cobros, pagos e cobros por contas de terceiros, custodia de artigos e valores, alugueiro de caixas de seguridade, financeiras etc. Bancos especializados: Teñen unha finalidade crediticia específica. Bancos de emisión: Actualmente presérvanse como bancos oficiais, estes bancos son os que emiten diñeiro. Bancos centrais: Son as casas bancarias de categoría superior que autorizan o funcionamento de entidades crediticias, supervisan e controlan. Bancos de segundo piso: son aqueles que canalizan recursos financeiros ao mercado, a través doutras institucións financeiras que actúan como intermediarios. Utilízanse fundamentalmente para canalizar recursos cara sectores produtivos. miniatura|Banco Central Europeo|centro Notas