miniatura|Horta nun eido da aldea de Avaré, São Paulo, Brasil.
A horticultura é a ciencia, a arte, a tecnoloxía e os negocios involucrados na produción de hortalizas (é dicir, de plantas herbáceas) con destino ao consumo. Distínguese da pomoloxía ou fruticultura, é dicir, da produción e manexo de especies lígneas e semilígneas produtoras de froitas. Ambas as dúas disciplinas distínguense tanto no tipo de materiais empregados, de prácticas, de manexos e de requirimentos.
En Galicia impártese academicamente no Campus de Lugo, na Universidade de Santiago de Compostela no grao de Enxeñaría Agrícola e do Medio Rural.
Etimoloxía A verba horticultura formouse tras a palabra agricultura, e provén etimoloxicamente das palabras latinas hortus (xardín , horta, planta) e cultūra ("cultivo" ou cultura), ", de cultus, o pasivo perfecto participio do verbo colō "Eu cultivo"; é dicir «o cultivo nas hortas».
Hortus é un cognado coa palabra galega horta ou eido (co significado de terre ode cultivo asociado á casa) e tamén se relaciona coas palabras xardín, agro , cortiña , leira ou veiga.
Características dereita|miniatura|Feira de froitas e verduras. Practícase dende un nivel individual dunha pequena horta ou pomar até as actividades dunha corporación multinacional. É moi diverso nas súas actividades, acollendo as plantas para a alimentación (froitas, verduras, cogomelos e herbas culinarias) e as non comestíbeis (flores, árbores e gamallos, céspedes, lúpulo, viticultura ou plantas medicinais). Tamén inclúe servizos relacionados na conservación das plantas, restauración da paisaxe, paisaxismo, deseño, construción e mantemento de xardíns, terapias hortícolas etc. Todos estes eidos de alimentación, medicinais, medioambientais e de produto se servizos sociais son fundamentalmente vencellados ao desenvolvemento e mantemento da saúde e benestar humano.Doyle, O., Aldous, D., Barrett-Mold, H., Bijzet, Z., Darnell, R. Martin, B., McEvilly, G. and Stephenson R. 2012 Defining Horticulture, Horticulturist and Horticultural Scientist. Ad Hoc Committee for Global Horticulture Advocacy. Editor: Dr Owen Doyle University College Dublin Ireland. Feb. 2012.
A horticultura aplica o seu coñecemento e tecnoloxía ao cultivo intensivo de plantas para a alimentación humana e outros usos, para cubrir necesidades persoais e sociais. Esta ciencia envolve a propagación de plantas e o cultivo co ánimo de mellorar o desenvolvemento, rendemento, calidade, valor nutricional e resistencia e insectos, doenza se estrés medioambiental. Acolle a xardineiros, labregos, terapeutas, deseñadores e técnicos nos sectores da alimentación e os outros sectores relacionados.
Os científicos hortícolas focalízanse na investigación que sostén o coñecemento, as técnicas, a educación e o comercio hortícola. A ciencia hortícola abrangue toda sas ciencias puras- a matemática, a física, a química, a xeoloxía e maila bioloxía- así coma as ciencias asociadas e tecnoloxías que sustentan a horticultura, coma a fitopatoloxía (estudo das doenzas vexetais), a edafoloxía (estudo dos solos), a entomoloxía (estudo dos insectos) , a malherboloxía (estudo das herbas daniñas etc. Tamén inclúea s ciencias sociais, coma a educación, o comercio, a mercadotecnia, saúde e terapias que aumentan a contribución da horticultura á sociedade. A xardinaría tamén é parte da horticultura.
Os horticultores traballan na propagación das plantas, mellora das colleitas, fertilizantes das plantacións da plantas herbáceas. Os horticultores melloran o rendemento das colleitas, a súa calidade e o seu valor nutricional, a resistencia aos cambios ambientais. Emprégase a xenética como unha ferramenta fundamental no desenvolvemento de plantas que poidan sintetizar moléculas químicas para as empregar na loita de pragas ou pestes, doenzas e más herbas.
Áreas de estudo De acordo con algúns informes, a horticultura acolle dez áreas de estudo, que poden ser agrupadas en dúas seccións principais: ornamentais e comestíbeis:
Arboricultura é o estudo, a selección, plantación, coidado e colla de árbores individuais, arbustos, vide se outras plantas lígneas perennes. Xestión de céspedes, inclúe todos os aspectos da produción e mantemento de céspedes para instalacións deportivas ou de lecer. Floricultura , inclúe a produción e a mercadotecnia de plantas e flores cortadas con fins ornamentais. Arquitectura da paisaxe, inclúe a produción, mercadotecnia e mantemento das especies paisaxísticas. Olericultura , inclúe a produción e mercado das hortalizas, sexan de folla, raíz, tubérculo ou froito. Pomoloxía ou fruticultura, inclúe a produción e mercado das froitas. Algúns só chaman pomoloxía á produción de pomos. Viticultura, inclúe a produción e mercadotecnia das videiras e das uvas. Enoloxía, inclúe todos os aspectos do viño, e da vinificación. Aromáticas, medicinais e perfumeiras inclúe a produción de plantas como o cantroxo, o romeu, a xarxa, o ourego etc. fisioloxía post-colleita, comprende o mantemento da calidade e prevención da degradación e perda das colleitas.
Nos países de fala hispana, o termo "Horticultura" designa o estudo e prácticas efectuadas nunha horta con especies herbáceas cuxo sino é a alimentación humana (hortalizas de folla ou de froito, por exemplo), mentres que a "fruticultura" designa o estudo e prácticas realizadas nunha horta establecida con especies lígneas e semilígneas (árbores e arbustos froiteiros produtores de froitas).
Industria Os horticultores poden traballar para a industria, o estado, ou institucións educativas. Son enxeñeiros agrícolas ou agrónomos, vendedores, propietarios de negocios polo miúdo, traballadores de campo en propagación de especies ou cultivadores especialistas nun determinado eido (froita, verduras, ornamentais, e céspede), inspectores de colleitas, conselleiros expertos na produción de colleitas, especialistas nun determinado cultivo, coidadores de plantas, científicos investigadores, e por suposto profesores.
En Galicia a horticultura dáse principalmente no Campus de Lugo no grao en Enxeñaría Agrícola e do Medio Rural, da Universidade de Santiago de Compostela. Os cursos de ensino universitario que completan a Horticultura son : bioloxía, botánica, entomoloxía, química, matemática, xenética, fisioloxía, estatística, informática, e ciencia da comunicación. Os cursos de botánica e horticultura inclúen: materiais de plantas, propagación de plantas, cultivo de tecidos vexetais, produción de colleitas, manexo das colleitas, fertilización das plantas, polinización, adobo para a colleita, entomoloxía, fitopatoloxía, económicas, e mercadotecnia. Algunhas especialidades de ciencias hortícolas requiren dun "máster" (MS) o grao de post doutoramento (PhD).
Notas
Véxase tamén Outros artigos Agricultura Xardinaxe Royal Horticultural Society Viticultura
Bibliografía Tratado Práctico de Horticultura, M. Guedi, G. Sasias y C. Chesne, Ed. Omega (2011).
Ligazóns externas Sociedad Argentina de Horticultura La huerta, abonos, hortalizas Revista sobre Horticultura Sociedad Internacional para las Ciencias Hortícolas Bélxica Colegio de Horticultura de Gales Nomes de plantas de cultivo e nomes comúns Recursos sobre a industria hortícola, tendencias e eventos
Categoría:Agricultura